Abrollar de raíz ou de cepa: capacidade que teñen algunhas plantas de producir abundantes abrollos ou varas procedentes da raíz, talo ou cepa, unha vez que foron cortadas ou mutiladas.
Apeas: tronco ou anaco de tronco de diámetro pequeno que pode servir para valos, cerramentos ou esteos das galerías de minas.
Bugallo: atrofia dos tecidos do talo en forma globosa motivada pola presencia dun parasito (insectos ou ácaros). É bastante común nos carballos ou especies do xénero Quercus.
Caducifolia: planta que tira as follas no período frío.
Calcario: solo ou terreo con abundancia en rochas ricas en carbonato cálcico.
Cepa: parte do tronco da árbore que está dentro da terra e unida directamente ás raíces.
Cortiza: casca arrincada da sobreira e en disposición de aproveitarse.
Devesa: terreo xeralmente acoutado, con poucas árbores e que ten como aproveitamento principal o pasto para o gando.
Endémica: especie propia exclusivamente dun país, cordilleira, illa, etc.
Envés: cara inferior do limbo da folla.
Estival: relativo ó período de verán.
Estomas: aperturas microscópicas na epiderme para realizar intercambios de gases entre a planta e o exterior.
Face: cara superior do limbo dunha folla.
Follaxe: conxunto de follas das árbores.
Forraxe: alimento verde ou seco que se lle dá ó gando para a súa alimentación.
Monte baixo: terreo cuberto de árbores ou plantas na súa maioría procedentes de abrollos de cepa ou raíz.
Pecíolo: parte da folla que une o talo co limbo.
Raíces principais ou primarias: aquelas que saen directamente do tronco.
Raíces secundarias: aquelas que saen das primarias.
Solana: zona da ladeira que recibe máis horas de sol e con máis intensidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario