|
Cantantes que a popularizaron |
|
Letra da canción |
A canción "Resistirei" é un dos himnos da de crise sanitaria que se atrevesa neste 2020. O seu retrouso faise eco en todas partes, desde as balcóns, varandas, patios e até os propios medios de comunicación. Mais moita xente atribúe a súa autoría ao
Dúo Dinámico, que se ben foi a formación que a popularizou non está detrás da súa letra, que se inspira na resistencia da loita antifranquista.
O auténtico compositor foi Carlos Toro Montoro, a partir dalgúns elementos musicais que a irmandan co "
I will survive" da cantante
Gloria Gaynor. Mais como pouso fundamental da letra está, sobre todo, a homenaxe a Carlos Toro Gallego, o pai do letrista e xornalista, quen
fora condenado a morte polo réxime franquista e pasou máis de 15 anos en prisión. Así, a canción nace como unha inspiración de azos, forza e coraxe para o preso.
A letra describe a soidade dunha cela, o medo ante a incerteza do mañá ou mesmo os abusos e malos tratos que con tanta frecuencia e de maneira normalizada se producían nas insitucións carcelarias.
Natural de Jaraceijo (Cáceres),
Toro era antes do golpe de Estado un activo militante da Unión Xeral de Traballadores, que pasaría logo
a facer parte do Partido Comunista de España (PCE).
Loitou no exército republicano e, rematada a guerra,
foi detido e condenado a morte por delito de rebelión, pena conmutada por 30 anos de cárcere. Saíu de prisión en 1944 baixo réxime de liberdade condicional, pero foi detido de novo en outubro de 1947 en Madrid, nunha operativa para o desmantelamento de estruturas do PCE.
Foi condenado daquela a 14 anos de prisión. (Ver na prensa)
Ningún comentario:
Publicar un comentario