O 12 de novembro de 1936 é unha data funesta, un día negro na historia de Pontevedra, pois foron asasinados por defenderen a República 10 persoeiros que hoxe lle facemos unha homenaxe con este artigo. O 12 de novembro, no quilómetro 1 da estrada de Campañó, os que provocaron o golpe de estado e os 40 anos de dictadura, asasinaron a dez significados republicanos, de distintas ideoloxías, idades e profesións pero que tiñan en común ter defendido o lexítimo goberno da II República naqueles aciagos tres días de xullo que cambiaron para sempre a historia de Pontevedra e do Estado enteiro. Aquelas balas mataron a dez homes pero truncaron a vida de moitas mulleres das súas familias, cubrindo para sempre o novembro de Pontevedra como día de luto e memoria histórica. Ver Os Mártires do 12 de novembro en Pontevedra.
Páxinas
sábado, 4 de abril de 2020
Memoría histórica do 12 de novembro en Pontevedra
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario