venres, 31 de decembro de 2021

Separadas por umha isoglosa - Sechu Sende

Havia há muito tempo duas famílias separadas por umha isoglossa. Dum lado da isoglossa diziam TU, do outro lado pronunciavam TI.
Um rio separava as casas das duas famílias que havia muito tempo discutiram polo TU e o TI e nom se falavam. Que como podem chegar as persoas a discutir por um simple pronome persoal? Ai, os litígios entre as persoas às vezes som assi, surrealistas.
Neste caso cada família considerava que o seu pronome era o melhor e mais correto indiscutivelmente porque ali sempre se digera assi, desde que se tinha memória.
E dumha banda a tradiçom dumha família defendia o seu TU de sempre e a memória da outra protegia o TI dos seus ancestros.
Mas resultou que um dia a filha da família que dizia TU e o filho da família que dizia TI namorarom à beira do rio.
- E tu como te chamas?
- E ti?
E foi assim como cresceu o amor aos dous lados da isoglossa do pronome de segunda persoa do singular.
Foi um escándalo, por suposto, umha desgraça aquel amor. Nom pode ser, berrarom as matriarcas. Impossível, berrarom os patriarcas das duas famílias. E tirarom-se muito dos cavelos e mesmo proibirom aquel amor maldito.
Mas um dia a parelha namorada construiu umha ponte que cruzava a isoglossa de água e já nunca mais se separarom.
E tiverom filhas e filhos que aprenderom a falar com TU e com TI e demostrarom que a isoglossa nom era um problema que dividisse, todo o contrário.
Bem é certo que o conflito continuou entre as famílias, dalgum jeito. Às duas beiras do rio continuou havendo gente separada pola isoglossa. Mesmo havia quem dizia que o idioma que se falava aos dous lados da isoglossa eram duas línguas diferentes. Porque num lado diziam TU e no outro TI, entre outras cousas.
Mas sempre havia alguém que contestava Falamos a mesma língua... Ou nom sabes o que é umha isoglossa?
Umha que?, perguntava alguém.
E botando a mao ao queixo respostava Umha isoglossa é umha linha imaginária que divide geograficamente dous fenómenos linguísticos dum idioma e às vezes pode cruzar polo médio do coraçom.  

domingo, 28 de novembro de 2021

Carballo do Bosque do Banquete de Conxo - Historia, lenda e curiosidades

Este impoñente carballo  con máis de 250 anos de antigüidade, é a árbore máis veterana do histórico Bosque do Banquete de Conxo. Álzase ao pé dunha das sendas dun “novo” espazo natural situado ao sur de Santiago de Compostela. Dicimos “novo” porque este bosque abriuse ao público fai moi pouco, na primavera de 2018, despois de estar inaccesible nada menos que durante 133 anos, en concreto desde 1885 (data na que a leira orixinal onde se empraza, de máis de 20 hectáreas e bañada polo río Sar, destinouse a espazo só para internos do entón  modernísimo  Manicomio de Conxo. Estamos logo, ante un símbolo, un verdadeiro cofre botánico, un resistente ás tallas indiscriminadas e incendios múltiples que arrasaron os bosques galegos durante os séculos  XIX e  XX, e que foron  diezmando espazos como este, un bosque que en orixe chegou a albergar ata 1.000 carballos. Hoxe queden en pé uns 40, con este  carballo como emblema, rodeado por unha leira de 15.000 metros cadrados.

Foi testemuña, o 2 de marzo de 1856, do insólito e histórico Banquete Democrático de Conxo, celebrado nas súas inmediacións, un acto organizado por estudantes universitarios (principalmente o poeta romántico Aurelio Aguirre) onde os mozos quixeron servir a mesa aos artesáns e obreiros, como un símbolo revolucionario de igualdade, liberdade e fraternidade, os valores democráticos recibidos da Revolución Francesa. Aurelio Aguirre comezou o seu brinde exclamando: “Sol da liberdade, o teu lume dáme!”.

Este bosque fascinou a Rosalía de Castro. A gran poeta das literaturas  galega e castelá denunciaría desde 1881 a talla incontrolada de moitos destes carballos. Fíxoo nun poema titulado precisamente así “Los robles”, do seu libro "A las orillas del  Sar (1884). Chegou a exclamar nos seus versos: “Xamais o esquecerei”, “Profanación sen nome”, e a súa última novela O primeiro tolo (1881), está ambientada toda ela precisamente aquí. Os seus textos de defensa da natureza e destas árbores constitúen hoxe una das primeiras proclamas ecoloxistas e de loita pola saúde das árbores e do medio natural levadas a cabo en toda España.

A nosa árbore está ao pé da entrada en Santiago do Camiño Portugués de peregrinación. A 200 metros da coñecida como “Fonte da Virxe da Concha” (importante lugar de culto e peregrinación, xa citado por Tirso de Molina no século  XVII) e a 300 metros do Mosteiro de Conxo (que conserva un claustro  románico do século  XII).

Ao redor desta árbore, en todo este Bosque do Banquete de Conxo, reuníronse en 2019 ata 5.000 persoas na segunda edición dunha multitudinaria romaría que celebraba a apertura deste espazo natural despois de máis dun século. Diante da árbore levou a cabo, naquela romaría (e tamén na súa primeira edición o ano anterior de 2018, que reuniu a 2.500 persoas), a primeira parada do roteiro,  ante o que hoxe xa se coñece como “O  avó”, “O avó” do bosque.

E finalmente dicir que o  carballo,  o  `quercus  robur´, definido tamén por Rosalía como “árbore patria”, é a árbore símbolo de Galicia e da súa natureza de bosques sen fin. E Santiago de Compostela, unha das cidades de España con máis metros cadrados de zonas verdes por habitante, supera con fartura os seis árbores por habitante que fixa como obxectivo para 2030 a Comisión Europea.


Importancia da árbore e motivo da presentación ao concurso como Árbore Europea do Ano 2022

Polo contexto histórico que viviu de defensa das liberdades na España gris de mediados do século  XIX; por ser obxecto da denuncia ecolóxica pioneira de Rosalía de Castro; por estar ao pé do Camiño Portugués a Santiago e dun mosteiro de orixe  románico, e por recibir en 2018 e 2019 o abrazo de miles de persoas (veciños de Santiago de Compostela e de Galicia) na festa de apertura ao público deste bosque, consideramos que este enorme  carballo, grande en volume e en historia e apego cidadán, cos seus preto de 30 metros de alto e 250 anos de vida, e bañado polo poético río Sar, merece optar a ser elixido como Árbore Europea do Ano.



martes, 12 de outubro de 2021

12 de outubro - Fundación do Seminario de Estudos Galegos

O 12 de outubro de 1923 estudantes e profesores da Universidade de Santiago de Compostela fundan na casa de Rosalía de Castro en Ortoño o Seminario de Estudos Galegos. O Seminario, co obxectivo de elevar o nivel da nosa cultura e equiparala ás demais culturas europeas, estruturouse en varias seccións dirixidas por cadanseu coordinador: Filoloxía, Arte e Letras, Etnografía, Historia, Prehistoria, Xeografía, Historia da Arte, Historia da Literatura, Pedagoxía, Ciencias Aplicadas, Ciencias Naturais e Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas. O Seminario financiouse con achegas de particulares, colaboracións de organismos públicos, e unha vez máis, polas achegas da comunidade de emigrantes galegos en Bos Aires. As súas creacións son publicadas en diferentes medios, maiormente polo propio Seminario na Editorial Nós de Ánxel Casal, máis tamén na prensa afín ao galeguismo naquela altura, como a revista Nós, o Boletín da Real Academia Galega, o xornal Galicia e El Pueblo Gallego. O Seminario iniciaría estudos en campos en que apenas había nada até ese momento, como o da matemática, a química, a astronomía ou a economía. Unha empresa xigantesca coa que acabaría, de xeito dramático, o golpe de estado de xullo do 36.

Defendendo a dignidade

 Um jovem encontra um senhor de idade e lhe pergunta:
- Se lembra de mim? E o velho diz NÃO.
Então o jovem diz que ele era aluno dele.
E o professor pergunta:
- O que você está fazendo, o que você faz para viver?
O jovem responde:
- Bem, eu me tornei professor.
- Ah, que bom, como eu? (disse o velho)
- Pois sim.
Na verdade, eu me tornei professor porque você me inspirou a ser como você.
O velho, curioso, pergunta ao jovem que momento foi que o inspirou a ser professor.
E o jovem conta a seguinte história:
- Um dia, um amigo meu, também estudante, chegou com um relógio novo e bonito, e eu decidi que queria para mim e eu o roubei, tirei do bolso dele.
Logo depois, meu amigo notou o roubo e imediatamente reclamou ao nosso professor, que era você.
Então, você parou a aula e disse:
- O relógio do seu parceiro foi roubado durante a aula hoje.
Quem o roubou, devolva-o.
Eu não devolvi porque não queria fazê-lo.
Então você fechou a porta e disse para todos nós levantarmos e iria vasculhar nossos bolsos até encontrarmos o relógio.
Mas, nos disse para fechar os olhos, porque só procuraria se todos tivéssemos os olhos fechados.
Então fizemos, e você foi de bolso em bolso, e quando chegou ao meu, encontrou o relógio e o pegou.
Você continuou procurando os bolsos de todos e, quando disse:
- "Abra os olhos. Já temos o relógio."
Você não me disse nada e nunca mencionou o episódio.
Nunca disse quem foi quem roubou o relógio.
Naquele dia, você salvou minha dignidade para sempre.
Foi o dia mais vergonhoso da minha vida.
Mas também foi o dia em que minha dignidade foi salva de não me tornar ladrão, má pessoa, etc. Você nunca me disse nada e, mesmo que não tenha me repreendido ou chamado minha atenção para me dar uma lição de moral, recebi a mensagem claramente.
E, graças a você, entendi que é isso que um verdadeiro educador deve fazer.
Você se lembra desse episódio, professor?
E o professor responde:
- "Lembro-me da situação, do relógio roubado, que procurava em todos, mas não lembro de você, porque também fechei os olhos enquanto procurava."
Esta é a essência do ensino:
Se para corrigir você precisa humilhar; você não sabe ensinar.

luns, 11 de outubro de 2021

Phillis Wheatley - Primeira escritora afroamericana en publicar un libro nos Estados Unidos.

“Foi chamada Phillis, porque así se chamaba o barco que a trouxo, e Wheatley, que era o nome do mercador que a comprou. Nacera en Senegal. En Boston, os negreiros puxérona en venda: -Ten sete anos! Será unha boa egua! Foi palpada, espida, por moitas mans. Aos trece anos, xa escribía poemas nunha lingua que non era a súa. Ninguén cría que ela fose a autora. Aos vinte anos, Phillis foi interrogada por un tribunal de dezaoito ilustrados cabaleiros con toga e perruca. Tivo que recitar textos de Virgilio e Milton e algunhas mensaxes da Biblia, e tamén tivo que xurar que os poemas que escribira non eran plaxiados. Desde unha cadeira, rendeu o seu longo exame, ata que o tribunal aceptouna: era muller, era negra, era escrava, pero era poeta.” Phillis Wheatley, foi a primeira escritora afroamericana en publicar un libro nos Estados Unidos.

sábado, 9 de outubro de 2021

As sete de Edimburgo

As Sete de Edimburgo foron o primeiro grupo de mulleres universitarias matriculadas nunha universidade británica. Comezaron a estudar medicina na Universidade de Edimburgo en 1869 e, a pesar de que en última instancia se lles impediu tanto graduarse como converterse en médicas, lograron captar a atención nacional e conseguiron numerosos apoios, entre eles o de Charles Darwin. O dereito das mulleres a unha educación universitaria pasou a formar parte da axenda política do país e, en 1876 aprobouse unha lei que amparaba e aseguraba o dereito das mulleres a estudar medicina na universidade.

O grupo tamén recibe o nome de Septem contra Edinam (“As Sete contra Edimburgo”, termo inspirado no mito grego de “Os sete contra Tebas”). Aínda que durante os catro anos de campaña algunhas das sete integrantes orixinais marcharon e outras novas incorporáronse, considérase que As Sete de Edimburgo son: Sophia Jex-Blake, Isabel Thorne, Edith Pechey, Matilda Chaplin, Helen Evans, Mary Anderson, Emily Bovell. Estes nomes figuraban na petición feita o 15 de novembro de 1869 ao Royal Infirmary, solicitando a súa admisión en Medicina. Todas elas aparecían no Rexistro de Estudantes de Medicina do CMX (Colexio Xeral de Médicos) entre 1869 e 1870 como estudantes bona fide (de pleno dereito), e esixíuselles recibir instrución clínica no "Infirmary" para así cumprir cos requisitos necesarios e obter o título.

En 2019, con motivo do 150 aniversario da matriculación das sete de Edimburgo nesta Universidade, a Facultade de Medicina rendeulles unha merecida homenaxe. Entre outros, outorgoulles o título honorario póstumo de  MBChB –licenciadas en medicina e cirurxía–. Sete estudantes nesa Facultade – Simran  Piya,  Megan  Cameron, Ela  Crowther,  Caitlyn Taylor, Sorna  Paramananthan,  Mei  Yen  Liew e  Izzie  Dighero– recibiron os certificados no seu nome.

sábado, 3 de xullo de 2021

Primeiro sinal de civilización nunha cultura

Unha estudante preguntoulle unha vez á antropóloga  Margaret Mexade cal consideraba o primeiro sinal de civilización nunha cultura. A estudante esperaba que a antropóloga falase de anzois, cuncos de arxila ou pedras para afiar, pero non. Mexade dixo que o primeiro signo de civilización nunha cultura antiga é a proba dunha persoa cun  fémur roto e curado. Mexade explicou que no reino animal, se te rompes a perna, morres. Non podes fuxir do perigo, ir ao río para beber auga ou cazar para alimentarche. Convértesche en carne fresca para os depredadores. Ningún animal sobrevive a unha perna rota o tempo suficiente para que o óso sande.Un  fémur roto que se curou é a proba de que alguén se tomou o tempo para quedar co que caeu, curou a lesión, puxo á persoa a salvo e coidouno ata que se recuperou. «Axudar a alguén a atravesar a dificultade é o punto de partida da civilización», explicou Mexade.


xoves, 1 de abril de 2021

Día das Artes Galegas

 

O 1 de abril do ano 1188 o Mestre Mateo asenta os linteis do Pórtico da Gloria, como así deixa escrito nos mesmos. A Real Academia Galega de Belas Artes decidiría declarar o 1 de abril como Día das Artes Galegas. Neste 2021 prorróganse as celebracións que se tiñan previstas para o 2020 na figura do arquitecto ceense Domingo de Andrade (Cee 1639-Santiago de Compostela 1712).


En 1676 é nomeado Mestre Maior de obras da Catedral de Santiago, comezando coa súa primeira obra:  A Torre do Reloxo.  En 1700 realizou o Pórtico Real da Quintana e traballou no convento de San Domingos de Bonaval en tres partes principais: a fachada da portería, os cuartos e o claustro onde aparecen as súas características sartas de froitas e a afamada escaleira de caracol. VER MÁIS 

sábado, 20 de febreiro de 2021

O Entroido e a lúa

 "O día principal e case final do Entroido —aínda queda o enterro da sardiña e as piñatas — é o Martes Gordo. Como é ben sabido, a data varía cada ano pois está condicionada pola de Pascua de Resurrección e esta á súa vez polos calendarios solar e lunar. O Domingo de Resurrección será o primeiro posterior á primeira lúa chea despois do equinoccio de primavera —21 de marzo—. Escolléro-no así os primeiros cristiáns para que coincidise coa Pascua xudía pois parece que esa era a festa que se celebraba cando a Última Cea. E como a igrexa marca o tempo en corentenas, o período precedente, o da Coresma —de xaxún e abstinencia—, debe durar outros corenta días. Así que descontando esa corentena —sen com-putar os domingos— fixamos a data exacta do día grande de Entroido que será sempre martes por ser domingo o de Resurrección.O que sempre coincide é que os días grandes do Entroido caen en período de lúa nova e a Semana Santa en lúa chea. Isto ten moitas e interesantes lecturas e interpretacións sobre a migración das almas que hoxe non temos lugar para comentar".    -  Antonio Reigosa  do Xornal Nós Diario

sábado, 30 de xaneiro de 2021

Conto de Entroido: Moito touciño

En tempos de necesidade ata no Entroido podía escasear a carne. E era unha vergoña.

Foi o que lle pasou a unha familia de Cotobade que tiña un gran rabaño de fillos e tan só un pequeno bocado de touciño pendurado da touciñeira.

O pai, para que os fillos non fosen contándolles aos outros que non tiñan carne para comer, o día de Entroido untoulles ben untados a todos os beizos con aquel touciño e díxolles que non os limpasen ata o remate do día.

Cando o maior dos fillos foi xogar cos da veciñanza, un deles, ao verlle o queixo cheo de graxa, preguntoulle:

—Seica comiches moito touciño?

—Este que se ve! —respondeu, moi satisfeito.


Sacado da páxina web "Galicia Encantada"





Guía de bolboretas do ENIL Xunqueira de Alba


 

venres, 22 de xaneiro de 2021

Rosa Parks

 Rosa Louise McCauley Parks​ ( Tuskegee, Alabama, 4 de febreiro de 1913 - Detroit, Míchigan, 24 de outubro de 2005), foi unha activista afroamericana, figura importante do movemento polos dereitos civís en Estados Unidos, en especial por negarse a ceder o asento a un branco e moverse á parte traseira do autobús en Montgomery, Alabama (Estados Unidos), o 1 de decembro de 1955. Por tal acción acabou no cárcere, o que se cita frecuentemente como a chispa do movemento, e é recoñecida como «a primeira dama dos dereitos civís», aínda que xa existía un precedente doutra nova muller, Claudette Colvin, que fora arrestada pola mesma causa o 2 de marzo do mesmo ano, o de Irene Morgan dez anos antes ou o de Ida B. Wells 71 anos antes.

VIDA PRIVADA

Filla dun matrimonio formado polo carpinteiro James McCauley e a mestra Leoa Edwards. Tiña ascendencia africana, nativo americana, escocesa e irlandesa. Estudou na escola industrial Montgomery Industrial School for Girls e no colexio para mestres Alabama State Teachers College for Negroes que tivo que abandonar para coidar á súa nai enferma.​ Cando terminou os seus estudos, contraeu matrimonio co barbeiro Raymond Parks. O matrimonio viviu nunha época en que a división, é dicir, a segregación das persoas por raza, sobre todo ás persoas de cor, tiña unha gran importancia na maior parte dos estados do sur estadounidense. De feito a segregación non era só social, senón que estaba referendada polas leis.

A partir de 1940 o matrimonio Parks converteuse en membros da Montgomery Voters League, co obxectivo de axudar aos afroamericanos a poder realizar o exame e inscribirse nas listas electorais.

En 1950, Rosa uniuse ao movemento de dereitos civís e empregouse como secretaria da Asociación Nacional para o Progreso das Persoas de Cor en Montgomery.

INCIDENTE NON AUTOBÚS

Rosa tiña 42 anos cando o 1 de decembro de 1955, tomou un transporte colectivo para volver á súa casa, especificamente un autobús. Nese momento, os vehículos estaban sinalizados cunha liña: os brancos diante e os negros detrás. Así, a xente de raza negra subía ao autobús (pola porta dianteira), pagaba ao condutor, baixábase e subía de novo pola porta traseira.​

Parks acomodouse nos asentos do medio, que podían usar os negros se ningún branco o requiría. Cando se encheu esa parte, o condutor ordenoulle, xunto a outros tres negros, que cedesen os seus lugares a un mozo branco que acababa de subir. «Este nin sequera pedira o asento», dixo despois Parks nunha entrevista á BBC. Os outros  levantáronse, pero ela permaneceu inmóbil.​

O condutor tratou de disuadila. Debía ceder o seu asento, é o que marcaba a lei. «Vou facer que te arresten», díxolle o condutor. «Pode facelo», respondeu ela. Cando a policía lle preguntou que por que non se levantaba, contestou con outra pregunta: «Por que todos vostedes están a  empuxarnos por todos lados?».

Foi encarcerada pola súa conduta, acusada de perturbar a orde.​ Ademais foi multada cun cargo de 14 dólares

DEREITOS CIVÍS E ACTIVIDADE POLÍTICA

En resposta ao encarceramento de Rosa, Martin Luther King, un pastor bautista relativamente descoñecido nese tempo, dirixiu a protesta aos autobuses públicos de Montgomery, nos que colaborou tamén a activista e amiga da infancia de Rosa Parks, Johnnie Carr, e que simplemente convocaba á poboación afroamericana a organizarse para transportarse polos seus propios medios e non tomar os autobuses. As protestas contra a segregación nos autobuses durou 382 días, os autobuses terminaron recibindo poucos ou ningún pasaxeiro, comezaron a dar déficit, polo que se fixo necesario que a autoridade do transporte público terminase a práctica de segregación racial nos autobuses. Este suceso iniciou máis protestas contra outras prácticas de segregación aínda vixentes.

Parks converteuse nunha icona do movemento de dereitos civís. Mudouse a Detroit ( Míchigan) a principios da década de 1960 onde conseguiu emprego co representante afroamericano John Conyers do Partido Demócrata desde 1965 ata 1988.


PREMIOS E HONRAS

En 1979, a NAACP outorgou a Parks o seu recoñecemento máis alto, a medalla Spingarn e ao ano seguinte recibiu o Premio Martin Luther King Jr.

Rosa Parks foi incluída no Michigan Women’ s Hall of Fame en 1983 polos seus logros no progreso dos dereitos civís.

Despois dunha vida de batallar contra o racismo, Parks recibiu a Medalla de Ouro do Congreso dos Estados Unidos en 1999.

A Rosa Parks Library and Museum (Biblioteca e Museo Rosa Parks) foi bautizado na súa honra en novembro de 2000. Alí, un pódese decatar da vida enteira de Parks, incluíndo a súa vida antes da súa «mala conduta», e como o seu simple acto conéctase cun movemento máis grande, o dos dereitos civís.

O nome de Rosa Parks foi dado a unha estación de RER en París (distrito 19), que se inaugurou o 13 de decembro de 2015; as paradas de tranvía que dan servizo á estación Rosa Parks (liñas T3 e T8) tamén levan o seu nome. Un mural deseñado por residentes locais que ilustra a vida de Rosa Parks instalouse nun dos corredores desta estación.

Na cidade de Miami, Florida, cada autobús ten un letreiro detrás do asento detrás do condutor que serve como tributo a Rosa Parks; é mencionada como ícono dos dereitos civís que deu lugar a un dos boicots máis importantes na historia dos EE. UU. e ao xurdimento de Martin Luther King, Jr.


Na súa honra o presidente Barack Obama inaugurou unha estatua a tamaño natural no Salón Nacional das Estatuas do Capitolio dos Estados Unidos o 27 de febreiro de 2013.

CONTROVERSIA SOBRE O SEU PAPEL NON MOVIMENTO

Mentres poucos historiadores dubidan sobre a contribución de Parks ao movemento de dereitos civís e o valor de negarse a ceder o seu asento, algúns deles cuestionaron a veracidade dalgúns dos elementos máis míticos.

Moitos relatos do suposto delito de mala conduta de Parks en 1955 descríbena como unha simple " costureira cansa". Con todo, Parks proclamou na súa autobiografía: A miña vida ( My Life), que non é verdade que estivese fisicamente cansa, senón «cansa (farta) de ceder».

Parks non foi a primeira persoa en negarse a ceder o seu asento a unha persoa de raza branca. A NAACP aceptara e proporcionara axuda legal a outros casos similares como o de Irene Morgan, dez anos antes, que resultou nunha vitoria no Tribunal Supremo respecto ao comercio. Esta vitoria só terminou a segregación racial no comercio interestatal, tal como a viaxe interestatal por medio de autobuses públicos. O caso de Rosa Parks considérase revolucionario porque aplicaba ás leis segregacionistas estatais, non só as de comercio interestatal.

En 2002, nunha escena da película Barbershop, os actores discuten sobre os afroamericanos do pasado, que se negaron a ceder os seus asentos de autobús; isto provocou un boicot da película liderado polos activistas Jesse Jackson e Ao Sharpton.

INCIDENTE EN 1994

En 1994, Rosa Parks, con oitenta e un anos, foi atacada no seu fogar en Detroit por Joseph Skipper. Skipper rouboulle un total de 53 dólares. Ao atopala na casa esixiulle diñeiro, ao que Rosa reaccionou ofrecéndolle 3 dólares, e tras esixirlle máis, ela deulle outros 50. O incidente causou estupor na opinión pública cando Parks confesou preguntarlle a Skipper antes de que lle atacase «Sabes quen son?». Skipper (tamén afroamericano) contestou que non o sabía e antes de abandonar a casa golpeouna no rostro, tras o cal tivo que ser hospitalizada. Posteriormente Joseph Skipper foi condenado a 15 anos e atribuíu o seu comportamento ao consumo de drogas, ao mesmo tempo que asumiu saber en casa de quen estaba a entrar unha vez puxo un pé na casa. Durante a súa estancia en prisión declarou que esperaba pedir perdón a Parks unha vez abandonase a prisión, con todo ela morreu antes de que el recobrase a liberdade.


DEMANDA CONTRA OUTKAST

En 1999, os avogados de Parks demandaron ao grupo musical OutKast por usar o seu nome na canción «Rosa Parks». A demanda inicial foi rexeitada. Parks contratou ao avogado Johnny Cochran para apelar a decisión en 2001, pero tamén foi rexeitada co argumento de que a Primeira Emenda protexíaos. O caso foi finalmente aceptado polo Tribunal Supremo en 2003.

En 2004, o xuíz do caso elixiu a un avogado imparcial xa que sospeitaba que os avogados anteriores perseguían o caso polo seu propio interese económico.

«A miña tía xamais faría todo isto só para danar a uns artistas novos, quen está tratando de sobrevivir no mundo», dixo a sobriña de Parks, Rhea McCauley, nunha entrevista a Associated Press. «Como unha familia que somos, é a nosa preocupación que nos últimos días de tía Rosita, ela non se atope rodeada de descoñecidos tratando de facer diñeiro co seu nome.»

A demanda está aínda pendente. Os arquivos médicos publicados durante a demanda do 2005, revelan que Parks sufriu demencia nos últimos anos da súa vida. En 2004 foille diagnosticada a enfermidade de Alzheimer.

MORTE

Rosa Parks morreu á idade de noventa e dous anos o 24 de outubro de 2005 como consecuencia dun infarto de miocardio, na casa de retiro en Detroit na que pasou os seus últimos anos.​

O 30 de outubro de 2005, os restos de Parks foron honrados na Rotonda do Capitolio, converténdose na primeira muller e a segunda persoa afroamericana en recibir esta honra.


Texto traducido ó galego e sacado da wikipedia.
Xogo sobre R, Parks

Facer o Brincaletras dedicado á Rosa Parks

mércores, 6 de xaneiro de 2021

Plantas útiles de Galicia

Clica na imaxe para ver o documento. Poderás atopar moita información das principais herbas (plantas), arbustos de utilidade que se usaron e se usan na mediña popular e non popular.  O seu índice principal é o seguinte:

Parte dunha flor
Especies
Principales maneiras de utilizar as plantas mediciñais
Receitas
Dicionario botánico
Terminoloxía
Bibliografía

luns, 4 de xaneiro de 2021

12 de mulleres no calendario da Agrupación A. Bóveda.

Maruja Mallo
 MARUJA MALLO: Na véspera do día de Reis de 1902 nace en Viveiro a pintora Maruxa Mallo, unha muller pioneira na plástica mais tamén na vida, unha artista que reivindica a súa condición de muller irreverente e atrevida. Pertence a ese grupo de mozas que idean a performance de ir á Porta do Sol sen sombreiro, e que acaban recibindo insultos e mesmo agresións e de aí naceu o concepto ‘sensombreirismo’. Querían ser libres e transgresoras e conquistar o espazo público para as mulleres. Realizaban accións que tiñan moito de provocación para botar abaixo a imaxe submisa das mulleres. Foi a primeira, e única, artista que expuxo nas salas de Revista de Occidente… A súa obra réndelle culto á modernidade e á independencia das mulleres, o deporte…

Filomena Mato
FILOMENA DATO: En febreiro de 1926 fina na Coruña a escritora Filomena Dato, colaboradora xa desde o século XIX en xornais como A Monteira, onde é a única muller en nómina. En defensa das mulleres, o primeiro poema explicitamente feminista da nosa literatura. É un poema reivindicativo da muller, á que se lle concede a mesma valía que ao varón. Foi a Mantedora dos Xogos Florais de Lugo en 1900 e no seu discurso avogou pola igualdade de dereitos do home e da muller, ao mesmo tempo que reivindicou a instrución para esta. Nese mesmo sentido, en 1914 asina un Manifesto dirixido ao Ministro de Instrucción Pública para que modifique os estatutos da Real Academia Española co fin de que poida acoller mulleres no seu seo

Gertrudis G.
GERTRUDIS GÓMEZ DE AVELLANEDA: En marzo de 1814 nace en Cuba a escritora Gertrudis Gómez de Avellaneda, a primeira muller proposta para formar parta da Real Academia Española. Con pouco máis de vinte anos chega á Coruña e frecuentaba a biblioteca do Real Consulado, algo mal visto por ser a única muller. Foi acusada mesmo de atea simplemente pola súa afección á lectura. No 1840 trasládase a Madrid, alí publica Sab, considerada a primeira novela antiescravista da historia, once anos antes que a popular A cabana do Tío Tom da escritora estadounidense Harriet Beecher Stowe. Nela equipara a subordinación feminina coa escravitude. É autora tamén da novela Dos mujeres, onde apoia o divorcio como solución a unha unión non desexada.

Irene Gómez
IRENE GÓMEZ BASANTA : En abril de 1928 fina, con apenas 19 anos, Irene González Basanta, a primeira muller que xoga ao fútbol nos anos vinte do pasado século, sempre xogando entre homes. Dentro do mundo do deporte Irene González Basanta representa como poucas as pioneiras, a primeira dianteira, a primeira gardameta, a primeira capitá, a primeira en xogar nun equipo de homes e a primeira que deu o seu nome a un equipo deportivo, o Irene F. C. Dise tamén que foi a primeira muller que chegou a cobrar por xogar ao fútbol, no Ortigueira F. C.


Williaming F.
WILLIAMING FLEMING: En maio de 1857 nace en Escocia Williamina Fleming, unha das mulleres coñecidas como as “computadoras de Harvard”. Esta astrónoma traballadora no Harvard College Observatory catalogou máis de 10.000 estrelas e descubriu outras 300 estrelas variábeis, ademais de novas, nebulosas e ananas brancas. En 1899, Fleming recibiu un título de Conservadora do Arquivo de Fotografías Astronómicas en Harvard, tratándose do primeiro cargo institucional que se concedía a unha muller e en 1906, logrou unha praza honoraria na Royal Astronomical Society de Londres. Williamina, que sempre contou que o seu avó nacera na Coruña na batalla de Elviña, denunciou por escrito a inxusta brecha salarial entre homes e mulleres.

Elisa e Marcela
ELISA E MARCELA: O 8 de xuño de 1901, ás sete e media da mañá, casaron na coruñesa igrexa de San Xurxo as mestras Elisa Sánchez Loriga e Marcela Gracia Ibeas. Coñecéranse na Escola de Maxisterio e comezaran a traballar como mestras, na primavera de 1901 teceron un plan: Elisa transformaríase en Mario para poder así casar con Marcela. Logo do casamento retornan á escola de Dumbría, onde os veciños identificaron a Mario como Elisa. A prensa converteu o matrimonio entre dúas mulleres nun «matrimonio sen home» e as autoridades relixiosas, xudiciais e policiais iniciaron a súa persecución, polo que se viron obrigadas a fuxir primeiro a Portugal e logo a Bos Aires.


Rafaela Hervada
RAFAELA HERVADA: En xullo de 1917 nace na Coruña Rafaela Hervada, a primeira directora dunha radio no estado español. Foi a primeira muller licenciada en Dereito na cidade da Coruña. Aínda non tiña 17 anos (marzo de 1934) cando seu pai funda Radio Coruña, onde se podía escoitar tamén a voz dunha pioneira da radio, Nieves Navarro “Aquí EAJ41, Radio Coruña”. Cando Rafaela, Palela para as amizades, chega á dirección de Radio Coruña, que viña de emitir escasas horas pola tarde e a partir das dez da noite ata as 12, empezou a emitir as 24 horas e en frecuencia modulada. A ela tamén se lle debe a aposta da radio polos informativos, e as licenzas para emitir por FM os 40 principais. Contaba Palela que en 1949, Radio Coruña asociouse á Cadena SER...

MARIA V.
MARÍA VINYAL: En agosto de 1875 nace no Castelo de Soutomaior María Vinyals Ferrés, a Marquesa Vermella. Escritora, pintora, articulista, activista social e feminista, reivindicaba a igualdade de homes e mulleres e reclamaba o dereito ao voto feminino. Está considerada como unha das pioneiras na introdución do feminismo en Galiza. Pertenceu, durante a súa estancia en Madrid, á Agrupación Femenina Socialista. Desde a prensa e en conferencias defendeu sempre a necesidade de que as mulleres recibiran educación e defendeu tamén a incorporación da muller ao mercado laboral. De ideas moi avanzadas para a época, foi Vicepresidenta da Liga Sufragista de Mujeres Españolas.


Emilia P. B.
EMILIA PARDO BAZÁN: En setembro de 1851 nace na Coruña a escritora Emilia Pardo Bazán. Está considerada como unha das precursoras do movemento feminista. Ao longo da súa obra criticou a degradación e marxinalidade da muller e expresou o seu desexo de que as mulleres puidesen gozar dunha educación e unha formación intelectual igual que a dos homes. Conseguiu derrubar algúns muros que impedían o acceso das mulleres ao espazo público: investigou nas grandes bibliotecas nacionais, deu conferencias no Ateneo de Madrid e impartiu clases na universidade. E en todas as facetas do seu traballo visibilizou os problemas femininos e as inxustizas ás que se enfrontaban as mulleres.

CELIA RIVAS
CELIA RIVAS: En outubro de 1912 nace en Fisterra Celia Rivas Casais, a primeira muller camioneira no estado español. Con apenas 19 anos chega á Coruña para sacar o permiso para conducir camións e en abril de 1932 xa está conducindo un Chevrolet de catro toneladas que transporta peixe á Coruña e Vigo. En 1936 ela e as súas irmás mercan un autobús para realizar transporte de viaxeiros, mais prodúcese o golpe de estado e o autobús é incautado. Para non perder o seu vehículo Celia ofrécese voluntaria para transportar os soldados e asígnaselle a fronte de Mérida. Este traballo feito á forza convértea, moi probablemente, na primeira muller europea que participou nun conflito bélico como transportista.

ISABEL Z.
ISABEL ZENDAL: En novembro de 1803 Isabel Zendal Gómez partiu desde o porto da Coruña coa expedición que levaría a vacina da varíola a América, a denominada Real Expedición Filantrópica de la Vacuna. Este feito convértea na primeira enfermeira da historia en misión internacional, así recoñecida pola Organización Mundial da Saúde (OMS) en 1950. Foi Reitora na Casa de Expósitos da Coruña, do Hospital da Caridade, onde se acollía as nenas e nenos abandonados e depositados no torno. Ao seu cargo e coidado ían os 21 nenos expósitos portadores da vacina para realizar as campañas de vacinación por América Central e do Sur até o sur de Chile e posteriormente en Filipinas.

OLIVIA VAL.
OLIMPIA VALENCIA: Olimpia Valencia -nada en decembro de 1898- foi a primeira muller galega en obter a licenciatura en Medicina. O seu expediente académico conta con dezanove matrículas de honra e premio extraordinario de licenciatura. En xuño de 1931, Olimpia Valencia encabeza un chamamento de apoio aos candidatos galeguistas e en xuño de 1936 asina o manifesto de apoio a favor do si no Plebiscito do Estatuto. Os dous manifestos serían asinados só por mulleres. En febreiro de 1937 foi detida acusada de pertencer ao Partido Galeguista pasando varios días presa. As represalias faríanse patentes na súa consulta a onde moita xente deixaría de asistir.

sábado, 2 de xaneiro de 2021

O Rei das Aves

Houbo unha vez, hai moito tempo, en que todos os paxaros do mundo se reuniron porque querían nomear un gobernante , e así, xuntáronse nunha asamblea para decidir quen de todos sería o Rei das Aves. 

Paxaro mosca

 - O Rei das Aves terá que ser aquel que poida voar máis alto, que para iso son os paxaros! -dixo unha águia (que xa se vía no máis alto do podium con coroa e todo).

E así foi como empezou unha gran competición por ver quen acadaba o posto máis alto. Os paxaros voaron, esforzáronse moito... batían as ás con todas as súas forzas para poder chegar moi arriba...

Así son as competicións...

Os voitres e as águias eran os primeiros, os mellores, ata que unha delas empezou a subir, un águia enorme, fermosísima... unha águia real! Chegou máis alto que ningunha outra.

Foi daquela cando ao verse gañadora, chamou polos demáis paxaros para anunciar que ela sería a raíña, pois estaba por enriba de todos eles...

Pero ollade o que aconteceu ... a águia sinteu que algo lle rebulía no medio das súas ás. Por entre aquelas plumas enormes foise asomando un paxariño, coma un chisco ou un carrizo, coma un faragulliño de pan dos que quedan na mesa despois da merenda... e sen pensalo nin esforzarse, púxose na cabeza da rapiña, e berrou:   O rei son eu! O rei son eu!

E así foi como este pequeneiro , o máis pequeno de todos os paxariños, se fixo o Rei das Aves e os Paxaros...