![]() |
Urco |
Páxinas
sábado, 26 de marzo de 2022
Urco, o “can do demo” que atemorizou á Galicia mariñeira
xoves, 17 de febreiro de 2022
O Meco
Boneco que se queima ao finalizar o Entroido
Sarmiento visitou A Siradella, O Grove, en 1745 por ser o lugar onde a tradición dicía que aforcaran a un personaxe que el coñecía desde meniño porque na procesión relixiosa do Corpo de Deus de Pontevedra representábase solemnemente a súa derrota —con carantoña / facendo o fedello / botando pernadas— a mans da Vella do Grove. O Meco —do latín moechus, adúltero, fornicador— aínda é un personaxe sobranceiro de moitos entroidos polo menos desde o s. XVII. Hai diferentes versións sobre a orixe. Uns din que era o terratenente Juan de la Meca, quen tiña por costume facer uso do dereito de pernada. Outros aseguran que era un crego luxurioso quizais párroco de san Martiño, conquistador e violador de mulleres. Un sátiro. Chegou o día en que as mulleres do Grove non o aturaron máis e entre todas captúrano e aforcano nunha figueira na Siradella. Cando a xustiza preguntou quen matou o Meco, todas as mulleres responderon: Matámolo todas! A figueira desde entón só dá figos vermellos, cor do sangue do Meco, aínda que Sarmiento asegura que a cor é consecuencia dos fríos ventos mariños. (Micromitos - O MECO - Antonio Reigosa)
mércores, 2 de febreiro de 2022
2 DE FEBREIRO: A CANDELORIA
A candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. E ten que ver coa procesión dentro da igrexa das candeas benditas acesas, que son as protagonistas da festa. Candeas = candeloria. Para a igrexa católica é o día da Purísima, a Purificación da Virxe María. Así que están de santo as Puras. E tamén estarán os Puros, que Purificación é nome de home (México) e un famoso Puro galego foi don Puro Cora director moitos anos de El Progreso.
-Candeloria ou candelaria?
Tradicionalmente seica se di Candeloria, esa é a palabra que recolle o dicionario RAG. En castelán e portugués dise Candelaria e tamén moitos falantes galegos e dicionarios como o Estravís.
-De onde vén a festa?
O Día da Candeloria ten orixe nos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da natureza, que como a noite de San Xoán, a Semana Santa, o Nadal e moitos outros, acabou por ser cristianizado. Neste caso tratábase do ritual do lume, da luz coa purificación, de afastamento de desgrazas, protectoras.
Así, na mitoloxía celta a primeiros de febreiro era o Imbolg, celebración na honra da deusa Brigit, protectora das colleitas, o gando e a fecundidade. Era o preludio da chegada da primavera. Na antiga Roma celebrábase as Lupercais, a festa do lume e na honra da fertilidade. Nesta festa, realizábase unha procesión con candeas acendidas de noite.
No ano 492, o Papa Xelasio crea a festa da Purificación da Virxe María, que é conmemorada o 2 de febreiro. Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar.
Sendo un intervalo relevante do ciclo estacional non é de estrañar que todas as culturas tivesen celebracións ao redor da data, sempre festexando a volta da luz e do desexo de fertilidade.
Para os mariñeiros tamén era o comezo da nova tempada de pesca despois do paro do inverno.
-Costumes dese día
No 2 de febreiro, nas parroquias o crego bendice as candeas que a xente ten de manter acesas mentres dure a misa. Estas candeas lévanse, posteriormente, para a casa pois atribúenselles poderes como calmar as treboadas ou alumear o camiño das almas que deixan este mundo nos enterros e velorios, e tamén se poñen na man dos moribundos.
Tamén se soltaban pombas no momento de alzar na misa.
Segundo Manuel Murguía as candeas e as pombas representan o amor polos meniños, os irmáns dos meniños mortos antes de se bautizaren e os que tiñan que ser os seus padriños botan no chan xazmíns azuis no momento de alzar para que as criaturas xoguen con esas flores e moitas nais poñen as candeas sobre feixes de romeu, planta funeraria, para que eses pobres cativiños vexan a luz divina aínda que só sexa na misa da Purificación da Virxe. Hai que ter en conta a grande mortalidade infantil que había.
Nalgúns sitios era o día do encantamento das cobras: “Santa Candeloria me ampare esta cobra”. Para protexerse delas porque se lle temía ao seu veleno.
-Por que se di que casan os paxariños?
A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral. Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais, o símbolo do amor e a unión sentimental son apaixonadas parellas de aves xuntando os peteiros. Tal é así que algunhas persoas defenden que, para nós, o 2 de febreiro debe ser a data do amor romántico, e non a que se celebra doce días máis tarde na honra dun crego romano do século III, chamado Valentín, representado cun rapazolo gordecho e voador que anda aseteando a xente… onde vai parar! Non hai comparación!
“Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola // Pola Candeloria cásanse os paxariños e vaise a galiñola // Pola Candeloria pon a pita vella e a nova // Polo santo Antón toda galiña pon. Pola Candelaria, a boa e a mala”
-A Candeloria e o tempo que vai vir
Hai moitos refráns para ver como vai ser o tempo segundo o que estea o día da Candeloria. Curioso, verdade, e non lembran que nos Estados Unidos tamén este día lle din o día da marmota.
“Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra // Ou tamén o mesmo con segundas partes: que chore, que deixe de chorar, mitá do inverno está por pasar // se chora ou ri, o inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o inverno está dentro // e se chove e fai vento, metade fóra e metade dentro // se chove ou venta aínda entra // . E si non venta nin chora, inverno fóra. // se ri, aínda está por vir pero que ría e que cante hai inverno para tras e para diante.
Que a Candelaria chore ou que deixe de chorar, a metade do inverno está pasado e a metade está por pasar // Se a Candeloria chora vai o inverno fóra; se ri, o inverno quer vir; mais cal chorar, cal rir, medio inverno está por vir // Se a Candeloria vén mal o inverno está caroal // E para rematar cos refráns: o dous de febreiro sube ó outeiro, se ves negrexar ponte a cantar, se ves branquexar ponte a chorar
Resumindo: A Candeloria “É unha data dedicada ao amor e á fecundidade, os paxaros serven como referencia de observación da natureza e como obxectos de construción simbólica”, segundo sinala o antropólogo Rafael Quintía, presidente da Sociedade Antropolóxica Galega.
Artigo sacado do facebook publicado polo mestre Anxo González Guerra
venres, 31 de decembro de 2021
Separadas por umha isoglosa - Sechu Sende
Um rio separava as casas das duas famílias que havia muito tempo discutiram polo TU e o TI e nom se falavam. Que como podem chegar as persoas a discutir por um simple pronome persoal? Ai, os litígios entre as persoas às vezes som assi, surrealistas.
Neste caso cada família considerava que o seu pronome era o melhor e mais correto indiscutivelmente porque ali sempre se digera assi, desde que se tinha memória.
E dumha banda a tradiçom dumha família defendia o seu TU de sempre e a memória da outra protegia o TI dos seus ancestros.
Mas resultou que um dia a filha da família que dizia TU e o filho da família que dizia TI namorarom à beira do rio.
- E tu como te chamas?
- E ti?
E foi assim como cresceu o amor aos dous lados da isoglossa do pronome de segunda persoa do singular.
Foi um escándalo, por suposto, umha desgraça aquel amor. Nom pode ser, berrarom as matriarcas. Impossível, berrarom os patriarcas das duas famílias. E tirarom-se muito dos cavelos e mesmo proibirom aquel amor maldito.
Mas um dia a parelha namorada construiu umha ponte que cruzava a isoglossa de água e já nunca mais se separarom.
E tiverom filhas e filhos que aprenderom a falar com TU e com TI e demostrarom que a isoglossa nom era um problema que dividisse, todo o contrário.
Bem é certo que o conflito continuou entre as famílias, dalgum jeito. Às duas beiras do rio continuou havendo gente separada pola isoglossa. Mesmo havia quem dizia que o idioma que se falava aos dous lados da isoglossa eram duas línguas diferentes. Porque num lado diziam TU e no outro TI, entre outras cousas.
Mas sempre havia alguém que contestava Falamos a mesma língua... Ou nom sabes o que é umha isoglossa?
Umha que?, perguntava alguém.
E botando a mao ao queixo respostava Umha isoglossa é umha linha imaginária que divide geograficamente dous fenómenos linguísticos dum idioma e às vezes pode cruzar polo médio do coraçom.
domingo, 28 de novembro de 2021
Carballo do Bosque do Banquete de Conxo - Historia, lenda e curiosidades
Este impoñente carballo con máis de 250 anos de antigüidade, é a árbore
máis veterana do histórico Bosque do Banquete de Conxo. Álzase ao pé
dunha das sendas dun “novo” espazo natural situado ao sur de Santiago de
Compostela. Dicimos “novo” porque este bosque abriuse ao público fai
moi pouco, na primavera de 2018, despois de estar inaccesible nada menos
que durante 133 anos, en concreto desde 1885 (data na que a leira
orixinal onde se empraza, de máis de 20 hectáreas e bañada polo río Sar,
destinouse a espazo só para internos do entón modernísimo Manicomio
de Conxo. Estamos logo, ante un símbolo, un verdadeiro cofre botánico, un resistente ás tallas indiscriminadas e incendios múltiples que arrasaron os bosques galegos durante os séculos XIX e XX, e que foron diezmando espazos como este, un bosque que en orixe chegou a albergar ata 1.000 carballos. Hoxe queden en pé uns 40, con este carballo como emblema, rodeado por unha leira de 15.000 metros cadrados.
Foi testemuña, o 2 de marzo de 1856, do insólito e histórico Banquete Democrático de Conxo, celebrado nas súas inmediacións, un acto organizado por estudantes universitarios (principalmente o poeta romántico Aurelio Aguirre) onde os mozos quixeron servir a mesa aos artesáns e obreiros, como un símbolo revolucionario de igualdade, liberdade e fraternidade, os valores democráticos recibidos da Revolución Francesa. Aurelio Aguirre comezou o seu brinde exclamando: “Sol da liberdade, o teu lume dáme!”.
Este bosque fascinou a Rosalía de Castro. A gran poeta das literaturas galega e castelá denunciaría desde 1881 a talla incontrolada de moitos destes carballos. Fíxoo nun poema titulado precisamente así “Los robles”, do seu libro "A las orillas del Sar (1884). Chegou a exclamar nos seus versos: “Xamais o esquecerei”, “Profanación sen nome”, e a súa última novela O primeiro tolo (1881), está ambientada toda ela precisamente aquí. Os seus textos de defensa da natureza e destas árbores constitúen hoxe una das primeiras proclamas ecoloxistas e de loita pola saúde das árbores e do medio natural levadas a cabo en toda España.
A nosa árbore está ao pé da entrada en Santiago do Camiño Portugués de peregrinación. A 200 metros da coñecida como “Fonte da Virxe da Concha” (importante lugar de culto e peregrinación, xa citado por Tirso de Molina no século XVII) e a 300 metros do Mosteiro de Conxo (que conserva un claustro románico do século XII).
Ao redor desta árbore, en todo este Bosque do Banquete de Conxo, reuníronse en 2019 ata 5.000 persoas na segunda edición dunha multitudinaria romaría que celebraba a apertura deste espazo natural despois de máis dun século. Diante da árbore levou a cabo, naquela romaría (e tamén na súa primeira edición o ano anterior de 2018, que reuniu a 2.500 persoas), a primeira parada do roteiro, ante o que hoxe xa se coñece como “O avó”, “O avó” do bosque.
E finalmente dicir que o carballo, o `quercus robur´, definido tamén por Rosalía como “árbore patria”, é a árbore símbolo de Galicia e da súa natureza de bosques sen fin. E Santiago de Compostela, unha das cidades de España con máis metros cadrados de zonas verdes por habitante, supera con fartura os seis árbores por habitante que fixa como obxectivo para 2030 a Comisión Europea.
Importancia da árbore e motivo da presentación ao concurso como Árbore Europea do Ano 2022
Polo contexto histórico que viviu de defensa das liberdades na España gris de mediados do século XIX; por ser obxecto da denuncia ecolóxica pioneira de Rosalía de Castro; por estar ao pé do Camiño Portugués a Santiago e dun mosteiro de orixe románico, e por recibir en 2018 e 2019 o abrazo de miles de persoas (veciños de Santiago de Compostela e de Galicia) na festa de apertura ao público deste bosque, consideramos que este enorme carballo, grande en volume e en historia e apego cidadán, cos seus preto de 30 metros de alto e 250 anos de vida, e bañado polo poético río Sar, merece optar a ser elixido como Árbore Europea do Ano.
martes, 12 de outubro de 2021
12 de outubro - Fundación do Seminario de Estudos Galegos
Defendendo a dignidade
- Se lembra de mim? E o velho diz NÃO.
Então o jovem diz que ele era aluno dele.
E o professor pergunta:
- O que você está fazendo, o que você faz para viver?
O jovem responde:
- Bem, eu me tornei professor.
- Ah, que bom, como eu? (disse o velho)
- Pois sim.
Na verdade, eu me tornei professor porque você me inspirou a ser como você.
O velho, curioso, pergunta ao jovem que momento foi que o inspirou a ser professor.
E o jovem conta a seguinte história:
- Um dia, um amigo meu, também estudante, chegou com um relógio novo e bonito, e eu decidi que queria para mim e eu o roubei, tirei do bolso dele.
Logo depois, meu amigo notou o roubo e imediatamente reclamou ao nosso professor, que era você.
Então, você parou a aula e disse:
- O relógio do seu parceiro foi roubado durante a aula hoje.
Quem o roubou, devolva-o.
Eu não devolvi porque não queria fazê-lo.
Então você fechou a porta e disse para todos nós levantarmos e iria vasculhar nossos bolsos até encontrarmos o relógio.
Mas, nos disse para fechar os olhos, porque só procuraria se todos tivéssemos os olhos fechados.
Então fizemos, e você foi de bolso em bolso, e quando chegou ao meu, encontrou o relógio e o pegou.
Você continuou procurando os bolsos de todos e, quando disse:
- "Abra os olhos. Já temos o relógio."
Você não me disse nada e nunca mencionou o episódio.
Nunca disse quem foi quem roubou o relógio.
Naquele dia, você salvou minha dignidade para sempre.
Foi o dia mais vergonhoso da minha vida.
Mas também foi o dia em que minha dignidade foi salva de não me tornar ladrão, má pessoa, etc. Você nunca me disse nada e, mesmo que não tenha me repreendido ou chamado minha atenção para me dar uma lição de moral, recebi a mensagem claramente.
E, graças a você, entendi que é isso que um verdadeiro educador deve fazer.
Você se lembra desse episódio, professor?
E o professor responde:
- "Lembro-me da situação, do relógio roubado, que procurava em todos, mas não lembro de você, porque também fechei os olhos enquanto procurava."
Esta é a essência do ensino:
Se para corrigir você precisa humilhar; você não sabe ensinar.