luns, 27 de abril de 2020

Estrilicia ou "Ave do Paraíso"

Estrilicia ou Ave do Paraiso
A estrilicia ou ave do paraíso, Strelitzia reginae Bank , é unha especie de planta anxiosperma (monocotiledónea) da clase das liliópsidas, subclase das zinxibéridas, orde das zinxiberales e familia das estrelitziáceas. É unha planta herbácea, rizomatosa, orixinaria de Suráfrica e amplamente cultivada en xardíns en rexións tropicais e subtropicais pola beleza das súas flores. Tamén coñecida como "Ouro de Mandela

domingo, 26 de abril de 2020

As árbores da fraga

Estaba o acivro
de garda na fraga,
pasou o carballo
e non lle dixo nada.

Chegou o eucalipto
á porta petar,
o acivro de garda
non o deixou pasar.

Entrou o bidueiro
e máis o salgueiro,
tamén o cerquiño
e o ameneiro.

Pasou o pradairo
seguido do freixo,
tamén a abelaira
e o castiñeiro.

Logo entrou o buxo
e máis a sobreira,
despois veu a faia
xunto coa ulmeira.

-Vaite eucalipto
non insistas máis
que aquí na fraga
non podes entrar.


(Xosé Lois Seixo Fernandez)

sábado, 25 de abril de 2020

As Nosas Senlleiras


Fichas de árbores nun traballo de Poteciencia


Celeste Martíns Caeiro

Celeste Martins Caeiro, a muller que deu o nome á Revolução dos Cravos. De nai galega, era a máis nova de tres irmáns e case non coñeceu o pai, que os abandonara. En 1974, Celeste Caeiro ten 40 anos, traballa no restaurante o Franjinhas na rúa Braancamp en Lisboa  e vive nun cuarto que alugara no Chiado.   Contan que o restaurante fora inaugurado un ano antes, precisamente a 25 de abril de 1973, e ten previsto conmemorar o seu primeiro aniversario nese día ofrecendo flores á clientela. O xerente tiña comprado cravos vermellos e tíñaos no restaurante, cando soubo que a revolución estaba na rúa. A xente empregada é enviada para as súas casas: "Levem as flores para casa, é escusado ficarem aqui a murchar". Celeste colle o metro para o Rossio e encontra os tanques. Aproximouse a un deles para preguntar que pasaba. Un dos soldados pediulle un cigarro, mais Celeste non tiña. “Se quiser tome; um cravo oferece-se a qualquer pessoa”. O soldado cólleo e pon a flor no cano da espingarda. O xesto foi visto por outros soldados e imitado. No camiño a pé, para o Largo do Carmo, Celeste foi ofrecendo carvos e os soldados foron colocando eses cravos en máis canos de máis espingardas.  Así o recorda a historia.

a

venres, 24 de abril de 2020

Lúas do noso Sistema Solar

Todos sabemos (máis ou menos) cantos planetas hai no Sistema Solar , pero....e Lúas? , pois o total neste momento é de 167 , contando unas cantas que están por confirmar de Xúpiter e Saturno; con nomes tan curiosos como :  Megaclite,Pandora,  Mundilfari, Cupido,  Desdémona,Próspero,  Julieta, Sao ou  Trínculo. A estas hai que engadir as 7 Lúas dos planetas ananos , 4 delas de  Plutón.Así serían en total 174,pero o número non para de crecer!

mércores, 22 de abril de 2020

Avifauna do río Gafos

Vocabulario do bosque

Abrollar de raíz ou de cepa: capacidade que teñen algunhas plantas de producir abundantes abrollos ou varas procedentes da  raíz, talo ou cepa, unha vez que foron cortadas ou mutiladas. 
Apeas: tronco ou anaco de tronco de diámetro pequeno que pode  servir para valos, cerramentos ou esteos das galerías de minas. 
Bugallo: atrofia dos tecidos do talo en forma globosa motivada  pola presencia dun parasito (insectos ou ácaros). É bastante  común nos carballos ou especies do xénero Quercus. 
Caducifolia: planta que tira as follas no período frío. 
Calcario: solo ou terreo con abundancia en rochas ricas en carbonato cálcico. 
Cepa: parte do tronco da árbore que está dentro da terra e unida  directamente ás raíces. 
Cortiza: casca arrincada da sobreira e en disposición de aproveitarse. 
Devesa: terreo xeralmente acoutado, con poucas árbores e que  ten como aproveitamento principal o pasto para o gando. 
Endémica: especie propia exclusivamente dun país, cordilleira, illa, etc. 
Envés: cara inferior do limbo da folla. 
Estival: relativo ó período de verán. 
Estomas: aperturas microscópicas na epiderme para realizar intercambios de gases entre a planta e o exterior. 
Face: cara superior do limbo dunha folla. 
Follaxe: conxunto de follas das árbores. 
Forraxe: alimento verde ou seco que se lle dá ó gando para a súa  alimentación. 
Monte baixo: terreo cuberto de árbores ou plantas na súa maioría procedentes de abrollos de cepa ou raíz. 
Pecíolo: parte da folla que une o talo co limbo. 
Raíces principais ou primarias: aquelas que saen directamente do tronco. 
Raíces secundarias: aquelas que saen das primarias. 
Solana: zona da ladeira que recibe máis horas de sol e con máis intensidade. 

Sopa de letras sobre o clima I


"Contos" Osamu Dazai

Osamu Dazai é unha das figuras máis importantes da literatura xaponesa do século XX. Venerado no seu país de orixe, Dazai é considerado o perfecto retratista da dor existencial, unha dor que o levará ao suicidio con apenas 39 anos. Nesta colección preséntanse tres breves traballos representativos do seu labor artístico. Ver libro en PDF

"Luns ou Martes" Virginia Woolf

"Luns ou martes" é unha colección de relatos modernistas de Virginia Woolf publicada en 1921. Esta antoloxía está composta por algúns dos contos máis salientables de Woolf, onde combina o relato fantástico co modernismo. O propio título do libro provén dun razoamento ao pasar nun dos seus grandes ensaios, onde fala da "vida dun luns ou martes", para Woolf o núcleo do que ela considera ficción; é dicir, un estado onde o fantástico se mestura co ordinario, sen que cheguen a percibirse moitas diferenzas entre ambos.

Beneficios do Xadrez

O xadrez pode ser practicado cun ou varios obxectivos, dentro dos cales podemos destacar: a) Diversión e entretemento. b) Competición. c) Mellora da concentración, a memoria e a creatividade. d)Complemento á educación e formación de nenos e novos. Pero, independentemente dos obxectivos cos que as persoas practican o xadrez, a este recoñécenselle múltiples beneficios nas áreas do desenvolvemento da capacidade intelectual e das habilidades de intelixencia emocional. Moitos deses beneficios foron probados mediante diversas investigacións realizadas en varios países nas últimas décadas. Os beneficios da práctica do xadrez manifestáronse tamén como un melloramento do coeficiente intelectual e un melloramento no rendemento escolar da maioría dos nenos e mozos que o practicaron. A continuación preséntase un resumo dos beneficios da práctica do xadrez, fundamentado nas conclusións de diversos investigadores e recoñecidos autores.

  CAPACIDADE INTELECTUAL

 Atención e concentración: esta é unha das capacidades que máis rapidamente desenvolve o xadrez en quen o practican. O desenvolvemento dunha partida pode ser arduo, con múltiples alternativas e ter unha duración significativa. Unha desatención pode ocasionar a perda da mesma. Polo tanto, o xadrecista debe manter un altísimo grao de atención e concentración durante a mesma. Este melloramento na capacidade de concentración chégase a manifestar tamén noutras áreas de desempeño da persoa. Análise e síntese: Durante a partida de xadrez, o xogador enfróntase en cada xogada a múltiples alternativas e á necesidade de contestar á ameaza do contrario e a expor unha ameaza ao seu contrario. Iso fai que deba analizar múltiples alternativas de resposta e sintetizar cal é a máis apropiada, desenvolvendo á vez un pensamento crítico. Memoria: debido á multiplicidade de alternativas para cada xogada durante unha partida de xadrez e ao relativo curto tempo para escoller a mellor resposta, para o xadrecista a memoria é unha aliado moi importante. Moitas das repostas poden basearse na experiencia ou o coñecemento do xadrecista de posicións similares xogadas ou estudadas noutras partidas. Resolución de problemas e toma de decisións baixo presión: durante a partida, o xadrecista enfronta diferentes problemas para os que debe definir e aplicar unha estratexia de solución. Como o tempo é un factor limitante nas partidas de xadrez, deben tamén tomarse importantes decisións sobre a estratexia a seguir baixo presión de tempo. Creatividade e imaxinación: no xadrez non é suficiente con responder ás xogadas do opoñente ou tratar de seguir patróns de xogadas estudadas ou practicadas previamente. A fin de lograr vantaxes claras sobre o seu opoñente, o xadrecista debe imaxinar posicións distintas á que está presente no taboleiro e definir estratexias que lle permitan chegar a elas. O razoamento lóxico-matemático: o tipo de razoamento empregado no xadrez é similar ao utilizado nas matemáticas. Algunhas investigacións mostraron unha importante correlación entre a práctica do xadrez e o melloramento das habilidades lóxico-matemáticas nos nenos e novos.

  HABILIDADES DE INTELIXENCIA EMOCIONAL

 Control emocional: o desenvolvemento dunha partida de xadrez require dunha alto grao de control emocional. Un xogador non se pode deixar levar pola ira ou a frustración ante unha mala xogada realizada, pois podería non lograr recuperarse e perder a partida. Ante unha mala xogada propia, o xadrecista debe actuar de forma fría para que o opoñente non o perciba e definir unha nova estratexia para sobreporse ao erro. O xadrez tamén permite ao neno aprender a controlar os seus sentimentos de frustración ante a derrota e convertelos en enerxía positiva para enfrontar o próximo reto superando os erros cometidos. Sentido de transparencia: no xadrez requírese o seguimento dunha serie de regras cuxo incumprimento non é aceptable e é penalizado. Tampouco, o xogador pode botarlle a ninguén a culpa dos seus erros. Son as súas propias capacidades e accións as que determinan a súa desempeño. O xogador debe aprender a ser honesto e integro consigo mesmo e con quen lle rodean. No xadrez promóvese a honestidade e a integridade do xogador. Adaptabilidade: Durante o transcurso dunha partida preséntanse múltiples situacións inesperadas, que esixen ao xogador adaptar as súas estratexias dacordo á nova situación no taboleiro de xogo. Sentido de logro e autoestima: o xadrez é un combate mental no que para mellorar hai que empezar dominándose a si mesmo e ir subindo o nivel de xogo mediante estudo, esforzo, experiencia e práctica. A sorte non é un factor de importancia no xogo; é o melloramento das habilidades e o coñecemento do xogador o que lle fará mellor. Isto fai que conforme váiase mellorando no xogo váiase incrementando o autoestima da persoa e váiase tomando máis confianza para aprender e enfrontar outras situacións e campos de acción. Iniciativa: o éxito no xadrez require de moita iniciativa durante o desenvolvemento do xogo. Empatía: no xadrez é moi importante comprender a estratexia do opoñente e interpretar as súas emocións para anticiparse á súa estratexia e accións. Traballo en equipo e colaboración: a pesar de ser un xogo individual, en xadrez existen torneos que se xogan en equipos de 4 a 6 persoas. Nestes torneos o desempeño global depende de todo o equipo. Para ter éxito desenvólvese un traballo de colaboración entre todos os membros do equipo, previo ás partidas. Este mesmo sentimento de traballo en equipo e colaboración desenvólvese a nivel dos clubs de xadrez e as escolas nas que se practica. Tamén, é práctica común nos torneos de xadrez o que os xogadores analicen as partidas logo de finalizadas, o cal é un traballo exemplar de colaboración para o mejoramiento do opoñente.  - Ver manuais de Iniciación ó Xadrez

Manuais de Iniciación ó Xadrez


Xadrez Iniciación I
Xadrez Iniciación 2
Clica nas imaxes para ver os manuais.
Artigo relacionado:  Ver resumo das regras   - Beneficios do Xadrez

martes, 21 de abril de 2020

Pequena Guía de Música en Galego


Revistas do CEP Campolongo

Revistas CEP Campolongo
Cursos : 2008-09 - 2009-10 - 2010-112011-122012-132013-14 - 2014-15 - 2015-16 (non se fixo-ver blog)2016-17 - 2017-18 - 2018-19 -

Coplas dos Maios de Campolongo

Coplas feitas por toda a comunidade educativa, sendo Coordinadores dos Equipos de Dinamización e Lingüística Javier B.C.  até o ano 2015 e Antonio F.M. até o 2020):  2008  - 2009  - 2010 - 2011 - 2012 - 2013 - 2014 - 2015 - 2016 -  2017 - 2018 - 2019 - 2020


Ollos de Aula

17 revistas con diferentes temáticas feitas polos Coordinadora de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística Galegos durante algún tempo. Hoxe xa non existe a CGEDNL

O Papagaio - Abril 2020 (Confinamento)


sábado, 11 de abril de 2020

Viñetas de humor con O Bichero

Confinamento
Ligazón páxina web

Viñetas de humor con O bichero

A vella que fuxiu da casa (conto popular ruso)

Un vello e a súa dona  estaban sentados diante do fogo. A vella ollou para o campo, pola xanela, e dixo:
- Se  tívesemos un  filliño chamado  Ivanushka e unha  filliña chamada  Alionushka, o noso fillo tería arado o campo e sementado cereais, os cereais crecerían e nosa filla o tería  ceifado; eu tería  cultivado o  malte, feito cervexa e convidado toda a miña familia, mais non convidaría a túa!
Nada diso, convidariamos a miña familia e non a túa! _dixo o vello.
- De ningún xeito, eu convidaría os meus parentes, e non os teus!
O vello levantouse dun salto e comezou a arrastrar súa muller polas  pernas. Arrastrouna até conseguir tírala  perto do fogo.
Entón o vello saíu para buscar leña e a vella preparouse para fuxir de casa;  asou  tortas, asou pan, colocou todo nun gran saco e foi se despedir de súa veciña. Mais, dunha forma calquera, o vello ficou sabendo da trama; volveu para casa, tirou de dentro do saco todo o que súa muller preparara para a viaxe, colocou o pan e as  tortas na dispensa e entrou no saco. A vella chegou a casa, colocou o saco nas costas e púxose a camiño. Despois de camiña por 5 ou 6  kilómetros, ela parou e dixo:
- Que ben me sentaría  pousarme  nun toco de árbore, agora, e comer un anaco do  bolo.
- O vello gritou de dentro do saco:
-Vexo todo, ouzo todo.
- Ah, o demo maldito, el pode me pegar, pensou a vella e continuou andando.
Camiñou máis uns metros máis  e dixo:
-Ah, que ben me sentaria pousar nun toco de árbore, agora, e comer un anaco do  bolo.
Vexo todo, ouzo todo – gritou o vello.
Ela apertou o saco unha vez máis; andou moitos  kilómetros e non comendo nin bebido nada, ficou tan cansada, que súas forzas lle fuxiron.
 Aconteza o que acontecer, vou parar aquí – pensou a vella. Vou descansar un pouco e comer algunha cousa.  Foi entón que descubriu o marido dentro do saco.
Suplicoulle:
- Meu querido,  perdóname, nunca máis vou tentar fuxir de casa!
O vello perdoouna e volveron para casa xuntos.

Mellor que na casa en lado ningún

Unha velliña que tiña case que cen anos quixo arranxar as súas contas porque, como dicía ela, á hora menos pensada podía pasar calquera cousa. Fóronlle buscar ao crego, recebeu os sacramentos e logo díxolle ao crego:
-Señor cura, logo eu agora xa teño que morrer?
-Non, señora, non! Os sacramentos non matan a ninguén. Pero mire, non teña ansia que no ceo estáselle moi ben.
-Mire, señor crego, -dixo a vella- deixeseme de contos! Que coma na casiña dun non se lle está en lado ningún.

A raposa de Teumeso


Αλωπεξ Τευμησιος ( Alopex  Teumesios),  Raposa de  Têumesso, era un animal xigantesco que fóra enviado polos deuses para o campo de  Tebas como castigo por algún crime. A  raposa era unha besta  sanguinária, que espallaba a destrución nas veciñanzas de  Tebas. Para conter o seu   salvaxismo, os  tebanos eran obrigados a entregarlle, todos os meses, un neno do sexo masculino para ser devorado, como decretara o  oráculo. Iso era un sacrificio espantoso e parecía imposíbel matar a  raposa, pois estaba escrito que ningún home ou animal sería capaz de superar súa velocidade e agarrala. Como se iso non bastase, a  raposa estaba so a protección de  Posídon, o deus do mar.  Creonte, o entón rei de  Tebas, designou a  Anfítrion a imposíbel tarefa de destruír a besta – imposíbel porque a  raposa nunca podería ser collida. O heroe descubriu unha solución para o problema, levando  Lélape, can máxico, para a caza, un animal que estaba destinado a nunca perder súa presa.  Anfítrion, para cumprir súa promesa a  Alcmena, colleu o can e saíu a perseguir tal  raposa.  Lélape logo lle identificou o cheiro e comezou a cazala. Así, a  raposa que nunca podería ser capturada e o can que nunca podería perder súa presa entraron nunha loita salvaxe. Cal dos dous vencería? Aquilo era un problema non só para  Anfítrion e os  tebanos, mais tamén para os propios deuses, que tiveron que se reunir e examinar o caso. Se  Lélape pegase a  raposa, de que servirían as palabras escritas polas  moiras, as tres deusas  que  personificam o destino? Sen falar no traxe de que todas elas temían a ira do protector,  Posídon. Por outro lado, se o temíbel animal escapase, de que valería o don de  Lélape? Canto aos deuses, ousaría algún deles resistir a gusto de  Zeus, que certamente esixiría a vitoria de  Lélape?  Zeus confrontado cunha contradición do destino (unha  raposa  incapturável sendo perseguido por un can inevitábel), finalmente, encontrou unha solución de seu agrado e de aceptación xeral: ambos,  Lélape e a  raposa  de  Têumesso, transformarían-se en estatuas de pedra. Segundo outra versión, cóntase  que  Zeus transformounos en constelacións: Can maior ( Lélape) e Can menor ( raposa de  Têumesso).


venres, 10 de abril de 2020

Barriga Verde

Nos anos 50
Xosé Silvent Martínez, máis coñecido como Barriga Verde, e alcumado Traga Estopa en Lugo e Xosé o dos Monecos  en Pontevedra, nado en Santa Marta de los Barros (provincia de Badaxoz) o 29 de xullo de 1890 e finado en 1970, foi un pioneiro do espectáculo de monicreques na Galiza de mediados do século XX. O seu pai, Joseph Silvent, era un francés natural de Perpiñán e a súa nai, Josefa Martínez, era natural do mesma aldea onde naceu Barriga Verde. O matrimonio viviu en varias localidades españolas, onde tiveron varios fillos.  
Vestido de pallaso
No 1905, con quince anos Xosé,  pasou a Portugal, traballando un tempo na cidade do Porto, onde parece ser que acadaría os coñecementos dos segredos dos monicreques a través dos "fantocheiros" e dos "robertos". Estes últimos eran un tipo de espectáculo con orixe na Commedia dell'Arte italiana. Tamén aprendería a modificar a súa voz introducindo palletas de prata de diferentes grosores na súa gorxa, unha técnica que esixía un grande dominio que quedou gardado coma un segredo profesional que alternaba co oficio de trapecista e do cal chegaría a ser un destacado acróbata.Dende alí logrou chegar a Pontevedra. En Salvaterra de Miño coñeceu a Emerenciana Fernández Gómez, con quen acabou casando. O casamento celebrouse un 23 de xaneiro de 1919 na igrexa de San Salvador de Lérez. Establecéronse nunha primeira vez no lugar da Torre (Camiño Vello); logo na Fontaíña, onde viviron aínda non un ano e volveron de novo á Torre, onde se asentaron definitivamente na rúa que actualmente leva o nome de Leandro del Río Carnota, párroco da freguesía. Nunha casiña (que hoxe ten o número 22) a parella, xa medio estabilizada, comezou a ter fillos. A súa descendencia foi dun total de 8, aos que bautizaron cos nomes de Lucía, Celso, Nieves, Trinidad, Celia, Saladina, Otilia e Afonso.

A súa formación nos estudos foi moi escasa, pero dispuña dun gran sentido práctico da vida e unha inspiración artística extraordinaria. Adaptouse el e mais os seus espectáculos á lingua galega. Desde moi novo sentiuse atraído pola farándula (a mesma profesión que tiñan seus pais) e actuou nas mellores festas e romarías de Galiza.

Despois dunha vida entregada de cheo ao espectáculo, Xosé Silvent retirouse da farándula e deixou os seus monicreques. Xa tiña bastantes anos, xa divertira moitas xeracións. Por volta do ano 1964 Barriga Verde deixou de actuar cos seus monicreques. Máis tarde, no ano 1967 sufriu unha parálise e en 1970 morreu.

O paradoxo de Lélape e Teumosía (o can e a raposa)

 Céfalo, o marido de  Procris, tivo como agasallo  un can e unha  xavelina e decidiu usar ao can (Lélape) para cazar a raposa  Teumesia, que nunca podía ser atrapada. Isto provocou un paradoxo: un can que sempre atrapaba á súa presa e unha raposa que non podía ser atrapada. A persecución proseguiu durante un tempo ata que  Zeus, perplexo polos seus destinos contraditorios, transformou a ambos os animais en pedra, aínda que tamén se dicía que  Lélape foi  catasterizado na constelación de  Canis Major

Lélape

Lélape era un can lendario que apareceu nos contos da mitoloxía grega, xa que  Lélape era o can de caza que estaba destinado a atrapar sempre o que cazaba. Lélape era un can de caza sen parentesco coñecido, e aínda que algúns suxiren que  Lélape foi o mesmo can que protexeu ao bebé  Zeus en  Creta, non hai contos que sobrevivan sobre como o animal chegou a existir.
Lélape cobra importancia tras o secuestro de Europa por  Zeus. En forma de touro,  Zeus levara a Europa á illa de  Creta, e fixera o amor coa fermosa princesa. Europa quedaría embarazada de tres fillos de  ZeusMinos,  Radamantis e  Sarpedón, pero por suposto  Zeus non podía quedar á beira do seu amante embarazada.  Zeus deixaría a Europa soa na illa de  Creta, pero cando se marchou deixou ao seu amante varios agasallos que poderían ser de utilidade no futuro. Un agasallo era unha xavelina, que ao ser lanzada sempre daba no albo, un segundo agasallo era  Talos, o home de bronce que sería un protector físico de Europa, e o terceiro agasallo era  Lélape, o can de caza que sempre capturaba á súa presa.
Europa prosperou en  Creta, casándose co rei  Asterión, pero finalmente a Europa mortal morrería e mentres  Talos converteuse no protector da illa, a xavelina e  Lélape foron herdados por  Minos, que tamén se converteu no rei de  Creta despois de  Asterión. Minos tiña un problema, pois a súa celosa esposa,  Pasifae, transformara o seu esperma en  escorpiones  venenosos e outro tipo de criaturas, esta transformación tiña o propósito de reducir as relacións extramatrimoniais de  Minos, pois calquera amante do rei sería asasinado. Foi entón cando os camiños de  Procris e  Minos cruzáronse, e a princesa ateniense prometeu ao rei que ela podería curalo. En agradecemento,  Minos regálalle a xavelina e a  Lélape.  Procris regresaría co seu marido,  Céfalo, pero despois de que  Céfalo matase accidentalmente á súa esposa nun accidente de caza, os agasallos que unh a vez pertenceron a Europa agora eran propiedade de  Céfalo.
Foi a  Céfalo a quen Anfitrión acudiu cando o marido de  Alcmena recibira o encargo por  Creonte de librar a Tebas da ameaza que era a raposa de  Teumeso.
A monstruosa raposa de  Teumeso, que se alimentaba de homes, era unha ameaza mortal para o pobo de Tebas, pero tamén era un animal destinado a non ser capturado nunca, polo que Anfitrión, así como calquera outro cazador que o tentase, non puidera achegarse nin sequera á captura da besta. Anfitrión, por tanto, considerou que a única esperanza que tiña era facer uso de  Lélape, xa que por suposto estaba destinado a capturar sempre á súa presa.Céfalo aceptou usar  Lélape para cazar á raposa de  Teumeso e, a cambio, Anfitrión prometeu a  Céfalo compartir o botín da próxima guerra cos  tafianos.
Anfitrión,  Céfalo e  Lélape regresaron xuntos a Tebas, e a  Lélape déronlle a cheirar o aroma da raposa  teumesia.
Agora existía un dilema para o raposo que nunca podería ser atrapado, estaba a ser perseguido polo can que nunca podería fallar, e que destino ía ser cumprido?
Zeus observou os acontecementos ao redor de Tebas, e recoñecendo o paradoxo que estaba a ocorrer decidiu poñer fin á persecución de  Lélape, aínda que o deus fíxoo de tal maneira que ningún dos destinos volveuse inválido.  Lélape e a raposa  de Teumeso  convertéronse en pedra antes de que as súas semellanzas fosen postas nos ceos, para que puidese continuar unha persecución eterna, pois o raposo converteuse en  Canis  Minor (Can Menor), e  Lélape en  Canis  Maior (Can Maior).  Ver en portugués

Oxímero e oxímetro

Ven  do grego Oxus – afiado, penetrante, agudo; e Moros – tolo, idiota, estúpido.  Retórica. Procedemento semellante á antítese, que consiste en pór en contacto palabras de sentido contrario que parecen excluírse mutuamente, pero que no contexto se converten en compatibles ‘Música silenciosa’ é un exemplo de oxímoro. Ver máis exemplos
Non debemos confundir con oxímetro: aparelho que se utiliza para medir a proporção de hemoglobina oxixeenada no sangue. Artigo relacionado: O paradoxo de Lélape e Teumosía

xoves, 9 de abril de 2020

Arúspice


 Sacerdote que, na Roma antiga, predicía o futuro mediante o exame das entrañas das vítimas sacrificadas. A  aruspicina era unha disciplina  adivinatoria propia do pobo  etrusco, pero non exclusiva del, e pasou a través deles aos romanos. Segundo os  etruscos foi revelada polo seu deus  Tages e contíñase nuns libros  denominados  libri  haruspicini,  fulgurales  et  tonitruales sobre adiviña por exame de  vísceras e interpretación de sinais de raios e tronos, respectivamente. Unha tradición errónea transmitida por  Diodoro de  Sicilia indicaba que o primeiro  arúspice foi  Rómulo. O colexio de  arúspices romano tiña, como todos os outros, os seus rexistros e as súas anotacións e era unha honra reservada ás mellores familias formar parte del; as mellores liñaxes enviaban aos seus fillos para estudar a  aruspicina a  Etruria.  Contou con sesenta membros durante o Imperio Romano e algúns deles afacían seguir os exércitos para examinar as entrañas das vítimas dos sacrificios aos deuses antes da batalla, a fin de predicir o seu resultado. Distinguíanse por ter os mesmos vestidos que os augures e levar como eles o  lituus na man;  ordinariamente ven nos monumentos antigos vestidos con túnicas de mangas curtas e  toga. Ritual:  Os arúspices examinaban: - O corpo e a conduta dos animais por sacrificar.  - As entrañas despois da súa abertura, en especial o fígado, o corazón e os intestinos.  - A chama que se levantaba da carne que se consumía.  - A flor da fariña, o incenso, o viño e a auga que servían para o sacrificio.

mércores, 8 de abril de 2020

Domingo de Andrade, o arquitecto do sobrenatural

Torre de Berenguela
Tripla escaleira de caracol de San Domingos de Bonaval.


Domingo Antonio de Andrade, nado en Cee en 1639 e finado en Santiago de Compostela o 12 de novembro de 1712, foi un arquitecto galego de proxección universal. Se cadra a súa obra mestra: a torre do Reloxo da catedral de Santiago de Compostela: sobre un corpo medieval no que escaleira de caracol. Escaleiras de caracol había xa moitas e moi brillantes, pero en ningunha cada rampla helicoidal levaba a un andar.  abriu unha elegante xanela, alzou tres máis ata unha altura de 72 metros. Tamén chamada Torre Berenguela. En Santiago, xunto con outras obras tamén  traballou no convento de San Domingos de Bonaval, onde novamente aparecen as sartas de froitas no claustro e onde a contención da fachada trócase en virtuoso alarde na famosa. Como Mestre de Obras municipal hai que salientar a Casa da Parra e a Casa da Conga.  Hai nun recuncho de Praterías unha cuncha espectacular, un exercicio de habelencia que sostén a catedral case se fose unha man.  Deben mencionarse as súas obras en madeira, dado que foi tamén un entallador e imaxineiro brillante.
  Ver artigo na prensa


Primeira fotografía dunha figura humana

Primeira fotografía con figura humana
Sabías que...  A que se cre que é a primeira fotografía dunha figura humana,  Boulevard Amorne, foi tomada por Louis  Daguerre en 1838. O curioso é que se trataba dunha rúa con moito trafego, pero o tempo de exposición que necesitaban as primeiras fotos para plasmarse adecuadamente fai que o movemento sexa imposible de detectar. Crese que o home que aparece na parte baixa esquerda estivo quieto polo menos dez minutos, mentres lle  lustraban os zapatos...

martes, 7 de abril de 2020

10 propostas de balde para ler en galego

Ver portadas
Clica para para descargalas

#baíaconnósnacasa vén de liberar unha escolma de títulos co obxectivo de posibilitar que “o tempo de confinamento transcurra máis rápido, deixando que a imaxinación e o agradecemento percorran espazos alén das paredes que nos reclúen a unha contorna física moi limitada”.
4-6 anos: Nube branca - Un día de treboada - O dragón comendo 
7-8 anos: A casa máis animada do mundo - O tempo ó revés
9-10 anos : Boa sorte  - Moko
+ de 12: A herdanza do marqués - Diario dunha noite boa  - Liliput

A canción "Resistirei" - Confinamento polo Covid-19

Canción no confinamento

Cantantes que a popularizaron
Letra da canción
A canción "Resistirei" é un dos  himnos da  de crise sanitaria que se atrevesa neste 2020. O seu retrouso faise eco en todas partes, desde as balcóns, varandas, patios e  até os propios medios de comunicación. Mais moita xente atribúe a súa autoría ao Dúo Dinámico, que se ben foi a formación que a popularizou non está detrás da súa letra, que se inspira na resistencia da loita antifranquista. O auténtico compositor foi Carlos Toro Montoro, a partir dalgúns elementos musicais que a irmandan co "I will survive"  da cantante Gloria Gaynor. Mais como pouso fundamental da letra está, sobre todo, a homenaxe a Carlos Toro Gallego, o pai do letrista e xornalista, quen fora condenado a morte polo réxime franquista e pasou máis de 15 anos en prisión. Así, a canción nace como unha inspiración de azos, forza e coraxe para o preso. A letra describe a soidade dunha cela, o medo ante a incerteza do mañá ou mesmo os abusos e malos tratos que con tanta frecuencia e de maneira normalizada se producían nas insitucións carcelarias. Natural de Jaraceijo (Cáceres), Toro era antes do golpe de Estado un activo militante da Unión Xeral de Traballadores, que pasaría logo a facer parte do Partido Comunista de España (PCE). Loitou no exército republicano e, rematada a guerra, foi detido e condenado a morte por delito de rebelión, pena conmutada por 30 anos de cárcere. Saíu de prisión en 1944 baixo réxime de liberdade condicional, pero foi detido de novo en outubro de 1947 en Madrid, nunha operativa para o desmantelamento de estruturas do PCE. Foi condenado daquela a 14 anos de prisión.  (Ver na prensa)

Arquitecto Alejandro Rodríguez- Sesmero González


Este ano  2013 celébrase o centenario do finamento de Alejandro Rodríguez-Sesmero González, o arquitecto que modernizou Pontevedra a finais do século XIX, durante os primeiros anos da Restauración.  De ahí que o Concello de Pontevedra, neste curso, e neste primeiro trimestre,  desenrola o "Roteiro Sesmero", no cal imos  participar o alumnado do terceiro ciclo os días luns 28 de outubro, 6ºA e 5ºA, o  luns 4 de novembro, 6B e 6C, e o xoves 7 de novembro 5C e 5B. As tres saídas serán de 12:00 - 14:00 h. 
Adiantamos aquí unha pequena biografía deste importante persoeiro da cidade de Pontevedra:
Foi o brazo executor dunha sociedade e clase política da época que sacrificou os restos das murallas medievais en aras de proxectar unha cidade cosmopolita, con arquitectura ecléctica e afrancesada do mesmo xeito que as grandes urbes europeas onde se sentaban as bases para que a capital non fóra nunca máis cuestionada.
A don Alejandro Sesmero debémoslle, de 1880,  a antiga Avenida de Santa María  , o Palacete de Mendoza (o da foto), a actual Casa Consistorial, a  o deseño da Alameda (arriba na foto) e As Palmeiras, o Cemiterio Municipal de San Mauro, conxuntamente co seu pai o edificio da Deputación Provincial, a  Praza de Abastos, a reforma da capela da Virxe do Camiño e a actual Subdelegación de Defensa
O Concello fora construído sobre a Bastida Grande, unha das trorres da muralla, ó lado da "Porta da Vila", que tamén se chamou do Arrabal e de Santo Domingo. (ver mapa completo). Hoxe está porta é a entrada (porque foi trasladada)  do que foi durante moito tempo Facenda, preto da igrexa de San Francisco.
A problemática dos cemiterios urbanos (Alhóndiga, Sagasta ...) solucionouno  levando todos para San Mauro.
Tamén construíu os depósitos en San Mauro para a traída de augas na cidade, colocando así mesmo en varias rúas as soadas fontes de ferro fundido (a da foto). E prácticamente executou toda a expansión urbana de finais de século XIX deseñando e aliñando os viais cara a Ourense, Marín, Vigo e as rúas García Camba, Riestra, Sagasta, Andrés Muruais, Andrés Mellado ou Fernández Villaverde.
Alejandro Rodríguez-Sesmero González era fillo de Domingo Esteban Rodríguez Sesmero (Medina do Campo) do que tomou vocación e profesión. Pola súa participación conxunta en varios proxectos e utilización dunha arquitectura moi identificativa, a poboación comezou a referirse  a eles como “Os Sesmeros”, devindo o seu uso popular en Sesmeros.
Seu pai, Domingo Sesmero chegou a Galicia escapando dun conflito pola validez do seu título de arquitecto expedido na Real Academia de Matemáticas e Nobres Artes da Purísima Concepción de Valladolid no que se argumentaba que non pasara pola recente Escola de Arquitectura creada en 1844. Aínda que ao final lle foi recoñecida a súa validez, o seu prestixio naquelas datas quedara en entre dito,  polo que decidiu emigrar a Galicia, alcanzando o posto de arquitecto municipal na cidade de Vigo en 1871. Desempeño no que continuou ata 1886 en diferentes etapas debido a unha enfermidade  e onde lle axuda o seu fillo Alejandro Sesmero. Trasládase a vivir á Coruña desde onde continua realizando proxectos nas cidades de Santiago, Vigo, Pontevedra (a igrexa de San Andrés en Praceres), Cotobade, Caldas de Reis ou Tui.
O seu fillo Alejandro  obtivo o título de arquitecto na Escola Especial de Arquitectura de Madrid, nun momento en que aparelladores e arquitectos dirimían sobre as competencias duns e outros e ao que –como se fora unha maldición familiar- sucedéralle algo similar ó seu pai, como  se verá  máis adiante.
Alejandro, ante a primeira ausencia do seu pai no seu posto de traballo debido á mencionada enfermidade, pasou a ocupar o posto de Arquitecto interino de Vigo desde maio de 1875 ata xullo de 1876, momento no que o arquitecto titular de Pontevedra, Justino Flórez LLamas pasa a ocupar definitivamente o de Vigo deixando vacante o seu equivalente en Pontevedra
Como dun cambio de cromos se tratase Alejandro veu a Pontevedra tamén de interino e asinou durante once esplendorosos anos como Director Facultativo de Obras Municipais de Pontevedra, momento no cal unha parte da Corporación Municipal quere premialo co posto definitivo en agradecemento a tan bela reforma emprendida en todos e cada un dos seus proxectos. Pero unha parte da corporación mostra a súa oposición ao entender que está en posesión do título de Mestre de Obras e non de Arquitecto e que aínda que pode asinar para particulares, non así proxectos de obras oficiais, de uso público ou financiadas con fondos públicos, podendo aparecer, pola contra, como aparellador ou auxiliar dun arquitecto, salvo que non houbese arquitectos titulados en expectativa de ocupar a praza.
Para sorpresa de todos don Alejandro, ferido no seu orgullo, presenta a dimisión do seu cargo municipal á vez que solicita a legalización do seu título ante a Dirección Xeral de Instrución Pública, conseguíndoo ao mes seguinte. Restituído o seu prestixio e honor e por causas que se descoñece, abandona a muller e fillos e emigra a Arxentina onde o Goberno o nomea profesor na cátedra "Arquitectura e Debuxo Arquitectónico" da Facultade de Ciencias Físico-Matemática da Universidade Nacional de Córdoba, compaxinando a súa actividade docente coa realización de importantes obras. Falece o 22 de Outubro de 1913 na cidade de Córdoba.
Oficialmente a Alameda leva o nome de Arquitecto Sesmero. Logo tamén, na súa homenaxe , ten nome de rúa Alejandro Sesmero, a  que se extende dende a Avenida da Coruña ata a Santiña, e discurre paralela a Manuel Murguía  (preto de Pasarón).
Información sacada basicamente de Cesar Abal, do blogue Pontevedra Viva. e de Pepi González Clavijo de "Las calles de Pontevedra".



domingo, 5 de abril de 2020

X. L. Franco Grande - O amigo das palabras


 Xosé Luís Franco Grande, foi un escritor, lexicógrafo, poeta e avogado galego. Galeguista de acción e cultura e amigo das palabras. Foi membro do Consello da Editorial Galaxia e membro de número da Real Academia Galega dende 1998. Da súa obra destacan os seguintes títulos: Vieiro choído; Entre o si e o non; Diccionario galego-castelán; Vocabulario galego-castelán; Os anos escuros I. A resistencia cultural da xeración da noite (1954-1960); Diccionario galego-castelán (Galaxia, 1968) “o Franco Grande”. Foron moitas as persoas que volveron acariñar as súas tapas con saudade e recoñecemento cando o pasado 31 de marzo de 2020 o seu autor finou. Pero a verdadeira paixón de Xosé Luís Franco Grande era a palabra literaria, como ben demostrou como poeta, ensaísta e columnista. Destas sete palabras que nos trae o Portal das Palabras para recordalo, nó  imos destacar aquí as menos común na fala normal: escudrumarchoer  e  agorar.

Ver curiosidades en "Allos con Bugallos"

Curiosidades

Reloxo biolóxico

Reloxo biolóxico
Rutmo circadiano
Artigo relacionado "Ritmo Circadiano"