sábado, 25 de abril de 2020

Celeste Martíns Caeiro

Celeste Martins Caeiro, a muller que deu o nome á Revolução dos Cravos. De nai galega, era a máis nova de tres irmáns e case non coñeceu o pai, que os abandonara. En 1974, Celeste Caeiro ten 40 anos, traballa no restaurante o Franjinhas na rúa Braancamp en Lisboa  e vive nun cuarto que alugara no Chiado.   Contan que o restaurante fora inaugurado un ano antes, precisamente a 25 de abril de 1973, e ten previsto conmemorar o seu primeiro aniversario nese día ofrecendo flores á clientela. O xerente tiña comprado cravos vermellos e tíñaos no restaurante, cando soubo que a revolución estaba na rúa. A xente empregada é enviada para as súas casas: "Levem as flores para casa, é escusado ficarem aqui a murchar". Celeste colle o metro para o Rossio e encontra os tanques. Aproximouse a un deles para preguntar que pasaba. Un dos soldados pediulle un cigarro, mais Celeste non tiña. “Se quiser tome; um cravo oferece-se a qualquer pessoa”. O soldado cólleo e pon a flor no cano da espingarda. O xesto foi visto por outros soldados e imitado. No camiño a pé, para o Largo do Carmo, Celeste foi ofrecendo carvos e os soldados foron colocando eses cravos en máis canos de máis espingardas.  Así o recorda a historia.

a

Ningún comentario:

Publicar un comentario