Amosando publicacións coa etiqueta Persoeiros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Persoeiros. Amosar todas as publicacións

mércores, 8 de abril de 2020

Domingo de Andrade, o arquitecto do sobrenatural

Torre de Berenguela
Tripla escaleira de caracol de San Domingos de Bonaval.


Domingo Antonio de Andrade, nado en Cee en 1639 e finado en Santiago de Compostela o 12 de novembro de 1712, foi un arquitecto galego de proxección universal. Se cadra a súa obra mestra: a torre do Reloxo da catedral de Santiago de Compostela: sobre un corpo medieval no que escaleira de caracol. Escaleiras de caracol había xa moitas e moi brillantes, pero en ningunha cada rampla helicoidal levaba a un andar.  abriu unha elegante xanela, alzou tres máis ata unha altura de 72 metros. Tamén chamada Torre Berenguela. En Santiago, xunto con outras obras tamén  traballou no convento de San Domingos de Bonaval, onde novamente aparecen as sartas de froitas no claustro e onde a contención da fachada trócase en virtuoso alarde na famosa. Como Mestre de Obras municipal hai que salientar a Casa da Parra e a Casa da Conga.  Hai nun recuncho de Praterías unha cuncha espectacular, un exercicio de habelencia que sostén a catedral case se fose unha man.  Deben mencionarse as súas obras en madeira, dado que foi tamén un entallador e imaxineiro brillante.
  Ver artigo na prensa


martes, 7 de abril de 2020

Arquitecto Alejandro Rodríguez- Sesmero González


Este ano  2013 celébrase o centenario do finamento de Alejandro Rodríguez-Sesmero González, o arquitecto que modernizou Pontevedra a finais do século XIX, durante os primeiros anos da Restauración.  De ahí que o Concello de Pontevedra, neste curso, e neste primeiro trimestre,  desenrola o "Roteiro Sesmero", no cal imos  participar o alumnado do terceiro ciclo os días luns 28 de outubro, 6ºA e 5ºA, o  luns 4 de novembro, 6B e 6C, e o xoves 7 de novembro 5C e 5B. As tres saídas serán de 12:00 - 14:00 h. 
Adiantamos aquí unha pequena biografía deste importante persoeiro da cidade de Pontevedra:
Foi o brazo executor dunha sociedade e clase política da época que sacrificou os restos das murallas medievais en aras de proxectar unha cidade cosmopolita, con arquitectura ecléctica e afrancesada do mesmo xeito que as grandes urbes europeas onde se sentaban as bases para que a capital non fóra nunca máis cuestionada.
A don Alejandro Sesmero debémoslle, de 1880,  a antiga Avenida de Santa María  , o Palacete de Mendoza (o da foto), a actual Casa Consistorial, a  o deseño da Alameda (arriba na foto) e As Palmeiras, o Cemiterio Municipal de San Mauro, conxuntamente co seu pai o edificio da Deputación Provincial, a  Praza de Abastos, a reforma da capela da Virxe do Camiño e a actual Subdelegación de Defensa
O Concello fora construído sobre a Bastida Grande, unha das trorres da muralla, ó lado da "Porta da Vila", que tamén se chamou do Arrabal e de Santo Domingo. (ver mapa completo). Hoxe está porta é a entrada (porque foi trasladada)  do que foi durante moito tempo Facenda, preto da igrexa de San Francisco.
A problemática dos cemiterios urbanos (Alhóndiga, Sagasta ...) solucionouno  levando todos para San Mauro.
Tamén construíu os depósitos en San Mauro para a traída de augas na cidade, colocando así mesmo en varias rúas as soadas fontes de ferro fundido (a da foto). E prácticamente executou toda a expansión urbana de finais de século XIX deseñando e aliñando os viais cara a Ourense, Marín, Vigo e as rúas García Camba, Riestra, Sagasta, Andrés Muruais, Andrés Mellado ou Fernández Villaverde.
Alejandro Rodríguez-Sesmero González era fillo de Domingo Esteban Rodríguez Sesmero (Medina do Campo) do que tomou vocación e profesión. Pola súa participación conxunta en varios proxectos e utilización dunha arquitectura moi identificativa, a poboación comezou a referirse  a eles como “Os Sesmeros”, devindo o seu uso popular en Sesmeros.
Seu pai, Domingo Sesmero chegou a Galicia escapando dun conflito pola validez do seu título de arquitecto expedido na Real Academia de Matemáticas e Nobres Artes da Purísima Concepción de Valladolid no que se argumentaba que non pasara pola recente Escola de Arquitectura creada en 1844. Aínda que ao final lle foi recoñecida a súa validez, o seu prestixio naquelas datas quedara en entre dito,  polo que decidiu emigrar a Galicia, alcanzando o posto de arquitecto municipal na cidade de Vigo en 1871. Desempeño no que continuou ata 1886 en diferentes etapas debido a unha enfermidade  e onde lle axuda o seu fillo Alejandro Sesmero. Trasládase a vivir á Coruña desde onde continua realizando proxectos nas cidades de Santiago, Vigo, Pontevedra (a igrexa de San Andrés en Praceres), Cotobade, Caldas de Reis ou Tui.
O seu fillo Alejandro  obtivo o título de arquitecto na Escola Especial de Arquitectura de Madrid, nun momento en que aparelladores e arquitectos dirimían sobre as competencias duns e outros e ao que –como se fora unha maldición familiar- sucedéralle algo similar ó seu pai, como  se verá  máis adiante.
Alejandro, ante a primeira ausencia do seu pai no seu posto de traballo debido á mencionada enfermidade, pasou a ocupar o posto de Arquitecto interino de Vigo desde maio de 1875 ata xullo de 1876, momento no que o arquitecto titular de Pontevedra, Justino Flórez LLamas pasa a ocupar definitivamente o de Vigo deixando vacante o seu equivalente en Pontevedra
Como dun cambio de cromos se tratase Alejandro veu a Pontevedra tamén de interino e asinou durante once esplendorosos anos como Director Facultativo de Obras Municipais de Pontevedra, momento no cal unha parte da Corporación Municipal quere premialo co posto definitivo en agradecemento a tan bela reforma emprendida en todos e cada un dos seus proxectos. Pero unha parte da corporación mostra a súa oposición ao entender que está en posesión do título de Mestre de Obras e non de Arquitecto e que aínda que pode asinar para particulares, non así proxectos de obras oficiais, de uso público ou financiadas con fondos públicos, podendo aparecer, pola contra, como aparellador ou auxiliar dun arquitecto, salvo que non houbese arquitectos titulados en expectativa de ocupar a praza.
Para sorpresa de todos don Alejandro, ferido no seu orgullo, presenta a dimisión do seu cargo municipal á vez que solicita a legalización do seu título ante a Dirección Xeral de Instrución Pública, conseguíndoo ao mes seguinte. Restituído o seu prestixio e honor e por causas que se descoñece, abandona a muller e fillos e emigra a Arxentina onde o Goberno o nomea profesor na cátedra "Arquitectura e Debuxo Arquitectónico" da Facultade de Ciencias Físico-Matemática da Universidade Nacional de Córdoba, compaxinando a súa actividade docente coa realización de importantes obras. Falece o 22 de Outubro de 1913 na cidade de Córdoba.
Oficialmente a Alameda leva o nome de Arquitecto Sesmero. Logo tamén, na súa homenaxe , ten nome de rúa Alejandro Sesmero, a  que se extende dende a Avenida da Coruña ata a Santiña, e discurre paralela a Manuel Murguía  (preto de Pasarón).
Información sacada basicamente de Cesar Abal, do blogue Pontevedra Viva. e de Pepi González Clavijo de "Las calles de Pontevedra".



domingo, 5 de abril de 2020

X. L. Franco Grande - O amigo das palabras


 Xosé Luís Franco Grande, foi un escritor, lexicógrafo, poeta e avogado galego. Galeguista de acción e cultura e amigo das palabras. Foi membro do Consello da Editorial Galaxia e membro de número da Real Academia Galega dende 1998. Da súa obra destacan os seguintes títulos: Vieiro choído; Entre o si e o non; Diccionario galego-castelán; Vocabulario galego-castelán; Os anos escuros I. A resistencia cultural da xeración da noite (1954-1960); Diccionario galego-castelán (Galaxia, 1968) “o Franco Grande”. Foron moitas as persoas que volveron acariñar as súas tapas con saudade e recoñecemento cando o pasado 31 de marzo de 2020 o seu autor finou. Pero a verdadeira paixón de Xosé Luís Franco Grande era a palabra literaria, como ben demostrou como poeta, ensaísta e columnista. Destas sete palabras que nos trae o Portal das Palabras para recordalo, nó  imos destacar aquí as menos común na fala normal: escudrumarchoer  e  agorar.

sábado, 4 de abril de 2020

Memoría histórica do 12 de novembro en Pontevedra

O 12 de novembro de 1936 é unha data funesta, un día negro na historia de Pontevedra, pois foron asasinados por defenderen a República 10 persoeiros  que hoxe lle facemos unha homenaxe con este artigo. O 12 de novembro, no quilómetro 1 da estrada de Campañó, os que provocaron o golpe de estado e os  40 anos de dictadura,  asasinaron  a dez significados republicanos, de distintas ideoloxías, idades e profesións pero que tiñan en común ter defendido o lexítimo goberno da II República naqueles aciagos tres días de xullo que cambiaron para sempre a historia de Pontevedra e do Estado enteiro. Aquelas balas mataron a dez homes pero truncaron a vida de moitas mulleres das súas familias, cubrindo para sempre o novembro de Pontevedra como día de luto e memoria histórica. Ver Os Mártires do 12 de novembro en Pontevedra.

sábado, 28 de marzo de 2020

Gonzalo Jar Couselo

Fai uns anos a Xunta de Galicia sacou un pequeno libro chamado "Un futuro para a lingua", cun pequeno, pero importante lema, "Non desherdes a túa lingua", nel aparecen as "mandas" (legado de bens ou dereitos que se deixan en testamento). Iremos pondo algúnhas, aínda que imos comezar por esta, que é doutro libro semellante: “En galego, agora e sempre”, editado pola ASOCIACIÓN DE FUNCIONARIOS PARA A NORMALIZACIÓN LINGÚÍSTICA, que recolle mandas testamentarias de máis de duascentas persoas.
Esta primeira, que serve tamén como homenaxe póstumo,  é de Gonzalo Jar Couselo, Xeneral de División da Garda Civil, nado en Pontevedra (Lérez), defensor do galego dentro dun corpo non moi dado a estas loitas, sobre todo noutros tempos:
"Os dezasete anos, con moita morriña e máis medo ó descoñecido, saín da miña casa de Lérez para comezar unha vida profesional, a de garda civil, que, salvo a paréntese de dous anos en Lugo, ía obrigarme a ter que vivir lonxe dese pequeno paraíso que entón era todo o que estaba a beira dun engaiolante río Lérez. Atrás deixaba os meus pais, pero sobre todo a miña avoa Xoana, unha velliña que morrería dous anos máis tarde e que nos deixaba a toda familia, precisamente por non saber falar outra língua, a mellor herdanza que nos podía transmitir, o emprego permanente do galego como única maneira de comunicarmos entre nós. Moito tempo despois descubriría o privilexio que supón desenvolver os primeiros anos dunha vida con dúas linguas sen ningún esforzo para o neno que era. Unha vez casado cunha dona non galega, a chegada de dúas fillas plantexoume a dúbida de cómo tería que facer para que esa herdanza que me fora transmitida non morrera de maneira definitiva, así que, desde ben pequenas e coa complicidade da miña muller, puxen en marcha un plan, vixente deica hoxe, que consistía en falarlles sempre en galego aínda que elas me responderan en castelán. Pasaron os anos e a maior, Ana, hoxe alta funcionaria do Estado, tras estudar na escola de idiomas de Madrid cinco anos de galego é xa unha verdadeira defensora da nosa língua; en canto á pequena, Marta, xornalista, custoulle un pouco máis a entrada nese mundo, pero un Erasmus en Lisboa troúxoma ó noso eido pola vía do portugués. É así como, cando se aproxima o intre de facer testamento, quero pedirlle a ámbalas dúas que, de igual maneira que recibiron ese privilexio, se comprometan ante a xeración que lles precedeu a manter viva o que consideramos é o mellor legado que se lle pode facer a unha persoa".