Amosando publicacións coa etiqueta Sementando palabras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sementando palabras. Amosar todas as publicacións

venres, 10 de abril de 2020

Oxímero e oxímetro

Ven  do grego Oxus – afiado, penetrante, agudo; e Moros – tolo, idiota, estúpido.  Retórica. Procedemento semellante á antítese, que consiste en pór en contacto palabras de sentido contrario que parecen excluírse mutuamente, pero que no contexto se converten en compatibles ‘Música silenciosa’ é un exemplo de oxímoro. Ver máis exemplos
Non debemos confundir con oxímetro: aparelho que se utiliza para medir a proporção de hemoglobina oxixenada no sangue. Artigo relacionado: O paradoxo de Lélape e Teumosía

xoves, 9 de abril de 2020

Arúspice


 Sacerdote que, na Roma antiga, predicía o futuro mediante o exame das entrañas das vítimas sacrificadas. A  aruspicina era unha disciplina  adivinatoria propia do pobo  etrusco, pero non exclusiva del, e pasou a través deles aos romanos. Segundo os  etruscos foi revelada polo seu deus  Tages e contíñase nuns libros  denominados  libri  haruspicini,  fulgurales  et  tonitruales sobre adiviña por exame de  vísceras e interpretación de sinais de raios e tronos, respectivamente. Unha tradición errónea transmitida por  Diodoro de  Sicilia indicaba que o primeiro  arúspice foi  Rómulo. O colexio de  arúspices romano tiña, como todos os outros, os seus rexistros e as súas anotacións e era unha honra reservada ás mellores familias formar parte del; as mellores liñaxes enviaban aos seus fillos para estudar a  aruspicina a  Etruria.  Contou con sesenta membros durante o Imperio Romano e algúns deles afacían seguir os exércitos para examinar as entrañas das vítimas dos sacrificios aos deuses antes da batalla, a fin de predicir o seu resultado. Distinguíanse por ter os mesmos vestidos que os augures e levar como eles o  lituus na man;  ordinariamente ven nos monumentos antigos vestidos con túnicas de mangas curtas e  toga. Ritual:  Os arúspices examinaban: - O corpo e a conduta dos animais por sacrificar.  - As entrañas despois da súa abertura, en especial o fígado, o corazón e os intestinos.  - A chama que se levantaba da carne que se consumía.  - A flor da fariña, o incenso, o viño e a auga que servían para o sacrificio.

domingo, 5 de abril de 2020

X. L. Franco Grande - O amigo das palabras


 Xosé Luís Franco Grande, foi un escritor, lexicógrafo, poeta e avogado galego. Galeguista de acción e cultura e amigo das palabras. Foi membro do Consello da Editorial Galaxia e membro de número da Real Academia Galega dende 1998. Da súa obra destacan os seguintes títulos: Vieiro choído; Entre o si e o non; Diccionario galego-castelán; Vocabulario galego-castelán; Os anos escuros I. A resistencia cultural da xeración da noite (1954-1960); Diccionario galego-castelán (Galaxia, 1968) “o Franco Grande”. Foron moitas as persoas que volveron acariñar as súas tapas con saudade e recoñecemento cando o pasado 31 de marzo de 2020 o seu autor finou. Pero a verdadeira paixón de Xosé Luís Franco Grande era a palabra literaria, como ben demostrou como poeta, ensaísta e columnista. Destas sete palabras que nos trae o Portal das Palabras para recordalo, nó  imos destacar aquí as menos común na fala normal: escudrumarchoer  e  agorar.

sábado, 28 de marzo de 2020

Badil e lomedro

Badil: Pa que se emprega para remexer e recoller as brasas da cheminea e dos braseiros.
"Levar co badil nos dedos". "Levar co badil nos lomedros". Saír mal parado dun asunto, saír co rabo entre as pernas.
SIN: pa, paleta, recolledor.
Lomedro: Parte das extremidades inferiores das persoas e das posteriores dos animais que está constituída polo fémur.
SIN: coxa, fémur.

Cucaña e zoadeira

Cucaña
Zoadeira
Cucaña: Pau esvaradío, chantado verticalmente, polo que se ten que agatuñar para coller ó premio atado no extremo.
Zoadeira: Este brinquedo tamén se coñece co nome de "Dalle que dalle"
Utilizando un botón, os pequenos terán que pasar un amalló polos furadiños e atar os dous extremos para que o botón fique preso.
Para probar se funciona, deben coller con dous dedos os extremos e darlle unhas voltas ao botón, que comezará a xirar e zoar sen parar, até que a/o cativa/o canse.
Zoar: 1. Facer unha cousa un son ou ruído xordo e rouco. 2. Facer ruído o vento ó soprar fortemente; asubiar, fungar, rebilcar, zumbar. 3. Producir as abellas ou outros insectos un ruído continuado e persistente; zumbar

Bicarelo e brelo

Bicarelo: Parte máis alta dunha construción ou planta.
Brelo: Póla

"No bicarelo do bico do brelo
canta o paxariño.
No mesmiño bicarelo
do bico do brelo."

Uxío Novoneyra

Vagalume


Vagalume: insecto coleóptero (Lampyris noctícula) de notable diferenza morfolóxica entre o macho e a femia; esta presenta un apéndice fosforescente na parte inferior dos segmentos abdominais.

Chama moito a atención cando se ve de noite. O que tamén chama a atención é a cantidade de sinónimos ou variantes que hai por toda Galicia. Se ledes o conto, "Vagalumes na escuridade" atoparédelas, intencionadamente, todas as que aquí expoñemos: Corcoño, vella do caldo, coroceiro, vella dos valados, vella das papas, luceiro, vermes da noite, cagalumes, lucernas, lucecús. Haberá algún sinónimo máis?
Cal é o nome que máis vos gusta?  Artigo relacionado

Madia leva

Madia leva: 'defecto, característica negativa que se lle atribúe a alguén'. O Gran Dicionario de Xerais recolle as dúas acepcións: madia e madía. En galego é frecuente, nas aldeas, escoitar a expresión `madia leva! co significado de 'así calquera'. (Disque María vai aprobar todas. -Madia leva!, coa nai que ten).
Como interxección preséntase tamén con acento gráfico: madía leva (levas...)!, madía ten (tes...)!, cos significados de 'xa o creo', 'ten boa sorte', 'home claro!', 'así calquera'. ( ¡O seu neto quéreo moito! -Madía leva!, dálle canto quere ).
Noutros casos esta frase utilízase tamén en contextos no que se queira expresar sorpresa, funcionando no discurso de xeito equivalente a `mi madriña!, manda carallo!, vaites, vaites! (Acabo de mercar un coche. Madia leva! Un Audi) . Existe, ademais, a expresión ´máis vale madia leva que vaia por Deus! co significado de 'non te queixes tanto que puido ser peor'.
ETIM. contracción de mal/mau mal día ou ma día.

Quiñon

1 - Parte da pesca obtida por un barco que lles corresponde ós mariñeiros.
"Facer un quiñón": cobrar os cartos que lle corresponden a un mariñeiro.
"Ir ó quiñón": embarcar cobrando en partes proporcionais ó que se pesca.
2 - Parte da herdanza que lle corresponde a cada un dos herdeiros.
3 - Parte ou porción que corresponde nunha repartición ("Xa recollín o meu quiñón de verdura")

Arrebolar


Arrebolar:
1.- v t Botar abaixo a froita lanzando un rebolo contra as pólas da árbore.
2.- v t Tirar un pau ou outra cousa contra algo ou alguén con forza ou violencia.
3.- v t Ir rodando por un plano inclinado.
4.- Pegar, dar golpes ("arreboloulle un estacazo no lombo")
5.- Xirar ou moverse con movemento oscilante.
6.- Pasarlles a rebola ou rapadoira ás medidas dos cereais para quitar o que sobrepasa do bordo; rapar, rasar, rebolar

SIN: abaloirar, baloirar, escudir, rebolar, varear, varexar, ceibar, guindar, mandar, tirar, apancar, golpear, pegar.
Rebolo:
1.- s m Carballo de tronco pequeno e groso, con follas de cor pálida.
2.- s m Toro dunha árbore co que se fai leña.
3.- s m Pau ou pedra que se lanza contra algo ou alguén, especialmente o pau curto que se tira ás polas dunha árbore para que caia a froita.
4.- s m Pau curto e cilíndrico que se utiliza para rasar medidas, tirando o cugulo (o que sobra); rebola.
5.- s m Persoa grosa e, polo xeral, de pouca estatura. A/de rebolos loc adv Xirando sobre o seu propio corpo.  Ver o uso incorrecto nunha arroutada nun exame.

Adaíl

Adaíl: Xefe que guía e dirixe un grupo humano, unha comunidade ou un exército.
Manuel Rivas Barros, ingresou  en decembro de 2009 como membro numerario na RAG (Real Academia Galega). No seu discurso de entrada, agradeceu, entre outros, á Academia "o agasallo da súa confianza", que el asegurou recibir como "unha encomenda de responsabilidade e de compromiso na tarefa de defender, cultivar e espallar o idioma, o patrimonio e as expresións culturais de Galicia. Ser adaíl, un máis, na loita do re-existir".

Andrómena, rangalleira e insepulto

Andrómena:
1. Mentira ou invención fantástica e de carácter burlesco; bouba, loia, trola.
2. Comentario malicioso que pretende difundir unha afirmación sen confirmar.
3. Obxecto ou cousa inútil.
4. Enredos, trampas para enganar ou confundir.
5. Persoa que anda con mentiras ou invencións fantásticas.
Rangalleira:
Aquilo que se desperdicia ou estraga. Calqueira cousa que se estraga.
Insepulto: Que non está enterrado.

"As bases do decreto son unha andrómena matinada por uns poucos, que poden ser, se o son, galegos de carné, pero non de corazón, e que pretenden que a nosa lingua sexa rangalleira. Con estas bases, semella que queren enterrar viva nosa lingua, nós, por suposto, querémola insepulta"

Colo

colo
En galego para referirnos á parte que une a cabeza co tronco dicimos COLO, ou pescozo, de aí, por metonimia (igual que sucede en castelán ou noutras linguas), dicimos o COLO DA CAMISA; e o que se pon arredor do COLO é o COLAR.
Esta é unha das palabras, que ás veces, depende do contexto, provoca rareza ou incluso risas. "O descoñecemento é moi atrevido". Despois de ver a orixe e como se di noutras linguas (na imaxe), supoñemos que a palabra non debería resultar tan estraña. Non si?

venres, 27 de marzo de 2020

Sobrado, sollar

Sobrado: 1. Planta alta dunha casa de dúas alturas. 2. Piso de madeira; sollado.
Sollar: Cubrir o piso con madeira, lastras, baldosas ou calquera outro pavimento.
Lastra: Peza de pedra que sae da canteira en follas grandes e planas de pouco grosor.
Poñemos esta tres, aínda que a palabra a estudar é a primeira, sobrado. As outras veñen para aclarar os conceptos nas definicións.

Ben a conto, a palabra, porque estes días fálase moito na rede de Sobrado dos Monxes, ou máis ben da seu intento de castelanización, seica por un erro de tradución informático, de “Desván de los Monjes”, por parte do Conselleiro de Cultura. Xunto con esta castelanización foi metida tamén Touro (concello), el dixo Toro. Esta segunda non soa tan grave como a primeira.
O máis grave do Sr Varela non foi equivocarse, senón negar que el dixera tal cousa.
Teño entendido que nun tempo, non fai moito, e seica aínda hoxe en día, hai quen nomea o concello de Sobrado dos Monxes por "Desván de los monjes",ó igual que fai moita xente, por exemplo, con Sanxenxo, e din Sanjenjo. Recordamos que Xenxo en castelán é Ginés.
Poderíase chamar a un sitio alto nos montes desván en castelán? Coido que a tradución tampouco sería a correcta neste caso.
As nosas autoridades, a prensa, etc, debería ter un pouco de coidado e de respecto pola toponimia, un patrimonio de moito valor para todos. E xa sabemos, de momento, é de obrigado cumprimento, non modificar a toponimia.
Nestes tempos de tanto “equilibrio” e tanta “cordialiade lingüística” igual nos chafan estes comentarios e permiten chamarlle como lle pete a un, en nome da “liberdade”. E así, igual dentro de pouco seremos, aparte de pontevedreses, tamén “puentevedreses”.
Algúns deberían analizar tamén o concepto de libertinaxe, para non confundir o touciño coa velocidade.
Os que queirades ampliar a etimoloxía de Sobrado, continuade lendo a imaxe que segue, sacada do libro “Toponimia de Galicia” de Fernando Cabeza Quiles.

Verbas do Courel



Estrelampada, estrelampo: Espazo de tempo curto no que para de chover.
Valumbo: Efecto que fai no peso o moito volume. Vulto de moito tamaño e peso.
Xardois: Xardón, acivro, acevo.
Redroma: Endurecemento arredor dunha ferida ou gran. Follage moi abundante. Moita fondura na terra.
Golforón/Golfarón: Chorro repentino de auga ou de calquera outro líquido que sae abundantemente.
Rebolo: Carballo pequeno
Flaira: Póla pequena que xa ten follas.
Loaira: 1.Pequeno espazo de sol entre dúas chuvieiras. 2. Feixe de luz ou de calor que emana dunha fonte luminosa.
Piquelo: Ave da familia dos pícidos, que ten plumas caudais co extremo aguzado e o raque ríxido e que se alimentan de insectos e larvas que extraen das fendas da cortiza das árbores. SIN: Peto, picapau.
Tesos: Cumes das montañas.
Porraquiña: Poza.
Primachorros: Margarida.
Bicarelo: Parte máis alta dunha construción ou planta.
Brelo: Póla

Sofraxe, empeña, virilla ...


Sofraxe: s m. Parte da perna ou do brazo oposta ao xeonllo ou ao cóbado.

Empeña: s f. Parte superior do pé correspondente ao metatarso.
Virilla: s f.Parte do corpo onde se unen o muslo e o abdome. Éngoa.
Nádega: s f. Masa carnosa da parte inferior e posterior do tronco, entre a coxa e a cintura do corpo humano, constituídas polos glúteos, que serven para a elevación e o sostemento da pelve, a extensión, a abdución e a rotación do fémur e a abdución e a rotación da coxa
Caluga: s f. Parte onde a cabeza queda unida ao pescozo pola parte posterior.
Calcañar: s m. Parte posterior do pé, sobre a que se apoia ao andar.

Dedaleira

A dedaleira é unha das plantas que se usan nas Herbas de San Xoán. É unha das palabras que ten máis sinónimos polas nosas terras. Nós por aquí chamámoslle cloque ou estraloque, porque sempre se colleron para facelas estoupar tapándoa ben poa beira que ten aberta, no lombo da man, ou na cabeza de alguén. Como lle chamas ti na túa zona? Serías capaz de contar cantos sinónimos hai aquí?
Sinónimos: abelloca, abeloura, abeluria, abrula, abrulla, alcloque, alconoz, alcornoz, alcroque, alcroques, alicroque, babocas, balitroques, baloca, baloco, belicroque, belitroque, belitroques, bilicroque, bilincroques, bilitroque, bilitroques, borleta, borletas, borlete, botexos, boto, burleta, cálzamos, campanelas, chopo, chopo negro, chopos, cloque, cloques, cócalos, cocos, couselo, crocas, croche, croches, croque, cróquele, cróqueles, croquelo, croques, croquetas, croquetes, dixital, estalo, estalón, estalos, estalote, estalotes, estoupallo, estoupallóns, estoupón, estoupona, estoupos, estraladeira, estralante, estralantes, estraleque, estraleques, estralo, estralos, estraloque, estraloques, estralote, estralotes, estrincón, estroleque, estroupallón, farricoque, faxicroques, folla de sapo, herba da cobra, herba de San Xoán, herba dos croqueles, herba dos troques, melicroque, melincroques, melitroque, milicroque, milicroques, militroque, palitroque, palitroques, porretas, quiquiricallo, riquilicroques, sabán, sabanos, san Xoán, san Xoane, san Xuan, sanxoán, sanxoane, sanxoáns, sanxoás, sanxuáns, sapaqueiro, seixoáns, seoane, seoanes, setestralos, soandes, soane, soanes, sovana, tastalás, torques, toupón, trascos, troque, tróqueles, troques, xoanas, xoane.