venres, 3 de abril de 2020

O un de abril os burros van onde non teñen que ir


"O dito galego reflicte que este é día de trucos a enganos. Unha tradición que o Estado español non celebra (faino o 28 de decembro, Día dos Inocentes) mais si Reino Unido, Portugal, Brasil, Francia, Italia e mesmo Alemaña. 
Xa Otero Pedrayo en Historia de Galiza aponta a esta data, 1 de abril, como a das bromas e trampas, facéndose eco dunha tradición que, malia ir esmorecendo nestas décadas, aínda pervive e mesmo rexorde nestes últimos anos.  Mais, de ónde vén?
 O rei Carlos IX aprobou un novo calendario de festexos, que finiquitou o que fixaba que o Aninovo caía no 1 de abril. Daquela a información, loxicamente, circulaba máis a modiño, polo que non poucos e poucas seguirían a celebrar esa data o 1 de abril e non o 1 de xaneiro. De feito, e alén de Galiza, no que é o Estado español o 1 de abril tamén se celebra en Menorca, a onde arribou no século XVIII de man da dominación británica. 

Nos países de cultura anglosaxoa
é coñecido como April Fools' Day (día de abril dos parvos). En Italia, Francia e Belxica é coñecido como peixe de abril (pesce d'aprile en italiano, poisson d'avril en francés e aprilvis en neerlandés).  Ver nova na prensa

Ningún comentario:

Publicar un comentario