- Non se permite pasar o balón cara a adiante. Tampouco se permite que o balón caia cara a adiante.
- O balón só pode avanzar levándoo ou pateándoo cara a adiante.
- Calquera xogador no campo de xogo pode avanzar co balón.
- Un xogador “ tacleado” (derrubado) debe pasar ou soltar inmediatamente o balón. O xogador que derrube debe tamén soltar inmediatamente o xogador derrubado.
- O rugby é un deporte continuo. Non se prevén interrupcións (a menos que haxa unha lesión.).
- Unha melee (scrum) reinicia o xogo logo dun pase cara a adiante ou caída od balón capar diante(knock-on). Tamén se forma unha melee noutras ocasións, menos frecuentes.
-Un xogador fora da liña reinicia o xogo cando o balón sae do terreo de xogo.
- Un ensaio é outorgado cando o balón é levado mais alá a zona de anotación e apoiado no chan.
- 5 Puntos outórganse ao realizar un ensaio
- 2 Puntos outórganse ao converter a patada adicional logo dun ensaio.
- 3 Puntos outórganse ao converter un gol de campo (penal) logo de cometida unha infracción.
- 3 Puntos outórganse ao converter un “drop”(patada de bote-pronto) en xogo aberto.
- Despois de que se converte un ensaio (try) ou un penal, o balón é pateado cara ao equipo anotador (agás en rugby con sete xogadores por lado).
- O árbitro é o responsable de facer respectar o regulamento.
- Xógase en dous tempos continuos de 40 minutos cada un cun intermedio de 5 minutos.
- O tempo lévao o árbitro principal e debe detelo soamente cando haxa lesións.
- Hai dous xuíces de liña que axudan a indicar cando o balón o a persoa que o leva saen do campo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario