Era o soldado Pérez que ía examinarse para cabo. Xa fora catro veces e nunca aprobaba, iso que sempre lle poñían o mesmo exame. Cando foi a quinta vez levou un feixe de chuletas.
Xa no exame preguntoulle o tribunal:
- Imos ver soldado Pérez. A cantos grados ferve a auga?
- Entón moi disimuladamente sacou a chuleta de reollo, fisgou a resposta; e dixo todo cheo de razón:
- A noventa grados.
- Non Señor pérez (díxolle o tribunal) iso está mal. A auga ferve a cen grados.
Pero el medio desconfiado seguiu desenvolvendo a chuleta e cando se deu conta da súa falla dixo:
- Vaiche boa! É verdade! O que ferve a 90º é o ángulo recto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario