sábado, 28 de marzo de 2020

Historia do Loro Ravachol


Corría o ano 1880 cando o farmacéutico Perfecto Feijoo voltou de Madrid tras tres anos de prácticas, e decidiu adquirir a botica da rúa Peregrina. A rebotica convertiuse de seguido nun importante punto de tertulia, onde asistirían persoeiros coma Emilia Pardo Bazán, Eugenio Montero Ríos, Práxedes Mateo Sagasta, Pablo Iglesias,ou Miguel de Unamuno. Mantivo unha intensa actividade cultural, sobre todo no eido da música tradicional galega.

O loro Ravachol (bautizado co nome do anarquista francés
Ravachol), mascota de Perfecto Feijoo, era moi apreciado na cidade polos seus afamados dialogos e expresións, non sempre correctas, pois era mal falado ). Tiña unha chea de frases e expresións, algunhas coma “se collo a vara”, “aquí non se fía”, “vaite de aí, lambón”.  A prensa pontevedresa do 27 de xaneiro de 1913 (en especial El Diario de Pontevedra e La Correspondencia Gallega) faise eco do falecemento o día anterior do loro Ravachol. A morte de tan ilustre persoeiro provoca na sociedade pontevedresa unha profunda sensación de pesar que, unida ao xúbilo propio do tempo carnavalesco, vivido na ciudad sen actos de relevancia, induce a honralo tal como se merecía, organizando un prolongado velorio, os primeros días na botica e despois no local da Sociedad Recreo de Artesanos, e un enterro por todo o alto. Finalmente foi soterrado nunha finca que o boticario tiña en Marcón.

É partir do ano 1985 cando se recupera a súa memoria, organizándose unha incineración da súa efixie para o venres da semana de Entroido. E o venres 19 de febreiro tocou chorar pola morte do loro de máis sona do noso país. Mañá de día de loito. Morreu o loro Ravachol. Choremos todos xuntos

Ningún comentario:

Publicar un comentario