Arrebolar:
1.- v t Botar abaixo a froita lanzando un rebolo contra as pólas da árbore.
2.- v t Tirar un pau ou outra cousa contra algo ou alguén con forza ou violencia.
3.- v t Ir rodando por un plano inclinado.
4.- Pegar, dar golpes ("arreboloulle un estacazo no lombo")
5.- Xirar ou moverse con movemento oscilante.
6.- Pasarlles a rebola ou rapadoira ás medidas dos cereais para quitar o que sobrepasa do bordo; rapar, rasar, rebolar
SIN: abaloirar, baloirar, escudir, rebolar, varear, varexar, ceibar, guindar, mandar, tirar, apancar, golpear, pegar.
Rebolo:
1.- s m Carballo de tronco pequeno e groso, con follas de cor pálida.
2.- s m Toro dunha árbore co que se fai leña.
3.- s m Pau ou pedra que se lanza contra algo ou alguén, especialmente o pau curto que se tira ás polas dunha árbore para que caia a froita.
4.- s m Pau curto e cilíndrico que se utiliza para rasar medidas, tirando o cugulo (o que sobra); rebola.
5.- s m Persoa grosa e, polo xeral, de pouca estatura. A/de rebolos loc adv Xirando sobre o seu propio corpo. Ver o uso incorrecto nunha arroutada nun exame.
Ningún comentario:
Publicar un comentario