sábado, 30 de xaneiro de 2021

Conto de Entroido: Moito touciño

En tempos de necesidade ata no Entroido podía escasear a carne. E era unha vergoña.

Foi o que lle pasou a unha familia de Cotobade que tiña un gran rabaño de fillos e tan só un pequeno bocado de touciño pendurado da touciñeira.

O pai, para que os fillos non fosen contándolles aos outros que non tiñan carne para comer, o día de Entroido untoulles ben untados a todos os beizos con aquel touciño e díxolles que non os limpasen ata o remate do día.

Cando o maior dos fillos foi xogar cos da veciñanza, un deles, ao verlle o queixo cheo de graxa, preguntoulle:

—Seica comiches moito touciño?

—Este que se ve! —respondeu, moi satisfeito.


Sacado da páxina web "Galicia Encantada"





Ningún comentario:

Publicar un comentario