Fronte ao prato, na parte superior.A auga para a esquerda.
O viño na dereita.
Nunca apoies o cristal contra o vidro pra servir.
Nin o ergas da mesa.
Un pratiño para o pan ou a manteiga.
Sempre á esquerda do cristal.
Se hai saleiros, vinagreiras, pementeiras,
Tarros con mostarda...
Un conxunto para seis ou oito.
Flores secas ou frescas
E un fruteiro para o centro.
Tamén, se é pola noite, unhas poucas candeas.
Ningún cinceiro,
Que o fumar non canxa coa beleza.
A comida, como sabes, sérvese pola esquerda
E retírase pola dereita.
Orabén, se o prato é preparado,
Pode servirse igualmente pola destra.
Un poema de Manuel Forcadela - Escoitar o recitado do mesmo
Páxinas
domingo, 25 de abril de 2021
Instruccións para pór a mesa
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario