Dise que antes da chegada dos españois existiu un amor tan profundo que rompeu as barreiras do tempo e o espazo. Tratábase de Xóchitl e Huitzilin, amigos desde a infancia.
Durante as tardes, gustáballes subir á cima dunha montaña para regalarlle flores a Tonatiuh, o deus do sol. Co tempo, os seus xogos deron paso ao namoramento e unha tarde xuráronse amor eterno fronte ao deus que bendixo a súa unión.
Con todo, a traxedia chegou ao seu pobo cando comezou unha guerra. Huitzilin foi recrutado como soldado. Despois de varios meses separados, Xóchitl decatouse de que o seu amado morrera no campo de batalla.
Desesperada e sumida no máis profunda dor, dirixiuse á montaña e pediulle a Tonatiuh axuda, pois non podía vivir sen Huitzilin e quería estar con el toda a eternidade. Conmovido, o deus decidiu enviar un raio que converteu á rapariga nunha flor amarela como o mesmo sol.
Alí pousouse un colibrí, que en realidade era Huitzilin. Cando se tocaron, a flor abriuse e mostrou os seus vinte pétalos. Deste xeito, a lenda afirma que mentres exista a flor de cempasúchil e colibríes, o amor de Xóchitl e Huitzilin vivirá por sempre. Escoitar a lenda en castelán
Páxinas
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario