Páxinas
venres, 7 de maio de 2021
xoves, 6 de maio de 2021
Contos do libro, Non te amola, de Xela Arias Castaño - Homenaxeada no Día das Letras Galegas no ano 2021
Sacados do Consello de Cultura Galega, onde se pode ver o libro enteiro con todo o sumario, limiar ...
Ver só os contos na Aula Virtual de Dinamización do CEP Campolongo
domingo, 25 de abril de 2021
xoves, 1 de abril de 2021
Día das Artes Galegas
O 1 de abril do ano 1188 o Mestre Mateo asenta os linteis do Pórtico da Gloria, como así deixa escrito nos mesmos. A Real Academia Galega de Belas Artes decidiría declarar o 1 de abril como Día das Artes Galegas. Neste 2021 prorróganse as celebracións que se tiñan previstas para o 2020 na figura do arquitecto ceense Domingo de Andrade (Cee 1639-Santiago de Compostela 1712).
En 1676 é nomeado Mestre Maior de obras da Catedral de Santiago, comezando coa súa primeira obra: A Torre do Reloxo. En 1700 realizou o Pórtico Real da Quintana e traballou no convento de San Domingos de Bonaval en tres partes principais: a fachada da portería, os cuartos e o claustro onde aparecen as súas características sartas de froitas e a afamada escaleira de caracol. VER MÁIS
sábado, 20 de febreiro de 2021
O Entroido e a lúa
"O día principal e case final do Entroido —aínda queda o enterro da sardiña e as piñatas — é o Martes Gordo. Como é ben sabido, a data varía cada ano pois está condicionada pola de Pascua de Resurrección e esta á súa vez polos calendarios solar e lunar. O Domingo de Resurrección será o primeiro posterior á primeira lúa chea despois do equinoccio de primavera —21 de marzo—. Escolléro-no así os primeiros cristiáns para que coincidise coa Pascua xudía pois parece que esa era a festa que se celebraba cando a Última Cea. E como a igrexa marca o tempo en corentenas, o período precedente, o da Coresma —de xaxún e abstinencia—, debe durar outros corenta días. Así que descontando esa corentena —sen com-putar os domingos— fixamos a data exacta do día grande de Entroido que será sempre martes por ser domingo o de Resurrección.O que sempre coincide é que os días grandes do Entroido caen en período de lúa nova e a Semana Santa en lúa chea. Isto ten moitas e interesantes lecturas e interpretacións sobre a migración das almas que hoxe non temos lugar para comentar". - Antonio Reigosa do Xornal Nós Diario
sábado, 30 de xaneiro de 2021
Conto de Entroido: Moito touciño
Foi o que lle pasou a unha familia de Cotobade que tiña un gran rabaño de fillos e tan só un pequeno bocado de touciño pendurado da touciñeira.
O pai, para que os fillos non fosen contándolles aos outros que non tiñan carne para comer, o día de Entroido untoulles ben untados a todos os beizos con aquel touciño e díxolles que non os limpasen ata o remate do día.
Cando o maior dos fillos foi xogar cos da veciñanza, un deles, ao verlle o queixo cheo de graxa, preguntoulle:
—Seica comiches moito touciño?
—Este que se ve! —respondeu, moi satisfeito.
Sacado da páxina web "Galicia Encantada"

