xoves, 31 de decembro de 2020

Un conto moi antigo para o Apalpador. Despois do Confinamento.

 "Este  conto  está  en  moitas  culturas  de  Europa  e  eu  nunca  o  atopei contado enteiro por unha mesma persoa. Pero si, como os contos populares, é despezábel e cachos del aparecen no medio doutros contos e historias, polo que se pode ir compoñéndoo a partir desas pezas. Un conto de cando alguén estaba confinado na casa. Contaba miña avoa que cando nunha casa nacía un rapaz e non saía ben desenvolto había moitas posibilidades de que non o deixasen saír, por medo á xente de fóra, de que se metesen con el, a que abusasen del. Isto pasoulle ao rapaz do conto, que non saíu da casa até os 18 anos. Cando fixo os 18, abriu unha  ventá  e  viu  tan  bonito  todo  que  dixo:  "Miña  nai,  eu  voume, quero ver mundo!". E dixo a nai: "se o tes tan claro, vaite  pero  antes  ímolo  celebrar". Para celebralo, mataron unha ovella e guisárona. Acabado o banquete el insistiu:  "Miña  nai,  eu  voume".  E  díxolle a nai: "Levas cartos?", "Non levo", recoñeceu o rapaz. "E  de  comer?",  "Tampouco",  respondeu. "Pois  douche  eu  para  que  ti  leves". E a nai doulle 8 metros de  tripas  de  ovella.  "E  como  levo isto?", preguntou o rapaz. "Envólveas no teu corpo e cando teñas fame, comes un anaquiño". El  envolveunas  por  baixo  da  roupa  e  atounas  ben  atadas.  "Voume",  dixo.  "Vaite,  pero...  cando atopes alguén ti sabes que dicir?", preguntou a nai, pois o seu fillo nunca saíra da casa. "E que digo?": "Pois cando topes alguén dille. "Que deus a axude". O rapaz marchou e non topou ninguén até pasadas dúas horas. E non atopou unha, senón que topou dúas persoas, que estaban a regar un prado por quendas e que discutían por quen regaba antes, póndose a pelexar entre si. O rapaz ficou mirando para eles sen saber que facer nin que dicir. Entón, os que pelexaban preguntáronlle  que  facía  alí.  E  el  respondeu o que lle aconsellara a súa nai: "Que deus os axude". E entón estes 2 batéronlle. "Por que me pegan?". "Ti es parvo, tiñas  que  dicir  que  deus  nos  separe". Marchou de alí o rapaz e en-trou na aldea por onde estaba a igrexa, onde había unha voda. Tanta  xente  a  mirar  para  el  e  púxose  nervioso  e  dixo:  "Que  deus os separe". E todos empezaron a insultalo e a pegarlle. "Por  que  me  pegan?",  "Ti  es  parvo,  por  dicir  que  deus  nos  separe". "E que tiña que dicir?" "Que deus nos aumente". Marcha o rapaz e seguiu pola aldea  e  atopou  un  mozo  nun  banco coa perna desfeita, chea de  graos.  E  el,  por  ser  educado,  saudou  cun  "Que  deus  os  aumente". O outro, como non, bateulle. "Pero que dixen mal agora, que tiña que dicir?", "Ti es parvo, pois que nin naza nin reverdeza". Fuxiu de alí e continuou a viaxe,  pasando  agora  por  unha  leira e había un home labrando nos cebolos e saudouno cun "nin nazan nin reverdezan", e choveron outra vez os golpes: "Ti es parvo". Tivo que media volta mentres o perseguía e volveu pasar  por onde estaba o da perna, que se uniu á persecución, o mesmo que fixeron os da voda e tamén aqueles dous  do prado. Máis de 300 persoas a correr tras o rapaz. El  corría  e  non  aguantaba  máis, pois polas tripas que levaba  atadas  a  redor  do  corpo  non daba respirado. Correndo, chegou a unha casa cunha vella que afiaba o coitelo da matanza. Desabrochou a camisa e co coitelo que colleu da señora cortou as tripas que o afogaban, respirou fondo e continuou a correr como unha faísca. Aparecen entón os que o perseguían  preguntaron  á  vella  por el. Ela contoulles: "Chegou aquí, cortou a barriga e arrancou as tripas e así quedou máis lixeiro  e  marchou  correndo  moito máis rápido". "Pois a nós non nos engana" dixeron 300 perseguidores, que dito tal sacaron de coitelos e navallas e abríronse as barrigas e alí caeron mortos. E ao final quen é o parvo?"

Celso Martín (Nós Diario)



martes, 29 de decembro de 2020

Brincaletras sobre as "Palabras do Ano 2020" da páxina web "Portal das Palabras"

Brincaletras I

Brincaletras II

Brincaletras III

- Ver as palabras na web "Portal das Palabras"

- Artigo relacionado

O papo do paporroibo

 
Cando chegaba o inverno e as neves cubrían  Cebreiro, as avoas ó ver un paporroibo dicíanlles ós cativos que estes paxariños viñan visitarnos para lembrarnos que por moi cativo que sexas se levas o lume ben encendido no corazón non hai frío que te conxele. 

Se o conto o les en Nadal, Feliz solsticio de inverno!

sábado, 28 de novembro de 2020

mércores, 25 de novembro de 2020

Humor gráfico de Pablo Prado


 

Josefina Arruti Viaño

Foi esposa de Bibiano Fernández Osorio- Tafall, o primeiro alcalde democrático de Pontevedra, elixido en 1931 coa chegada da II República. A Guerra Civil separounos en 1936, o político acabou exiliándose e a súa muller, á que xamais volveu ver, sufriu nas súas carnes a represión máis dura durante a Guerra e, posteriormente, durante o franquismo. Sufriu, xunto aos seus fillos de pouca idade, arresto domiciliario e mesmo estivo dezaoito meses no cárcere polo simple feito de ser a esposa de Fernández Osorio- Tafall. El faleceu en México en 1999; ela, en Pontevedra no 2003, aos 97 anos. Artigo relacionado.    Publicacións sobre ela: "Os berros da bicicleta"   , "Do gris ó violeta", artigo no Xornal Nós