Erica, coñecidas como uces, urces ou carrouchas, é un xénero de fanerógamas que inclúe unhas 700 especies da familia Ericaceae. Son plantas resistentes á seca, á acidez edáfica e aos lumes. Son moi comúns en Galicia e en xeral na Europa atlántica, formando parte da matogueira, mesturándose con toxos e outros matos, e formando as uceiras, unha das paisaxes e ecosistemas máis representativos da zona.
Reciben moitos outros nomes comúns galegos como: torgas, breixos, carrascos, carrascas, queirogas etc., moitos deles comúns a outras especies dos xéneros relacionados Calluna e Daboecia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario