O seu nome quere dicir habitantes da cidade de Caria , na Laconia, e vén, segundo é dito, de que sendo esta cidade aliada dos persas durante as Guerras Médicas, os seus habitantes foron exterminados polos outros gregos e as súas mulleres foron convertidas en escravas, e condenadas a levar as máis pesadas cargas, sendo estas representadas como tales nas columnas dos edificios.
En 1550, Jean Goujon (arquitecto e escultor do rei Henrique II de Francia) tallou unhas cariátides no Louvre, que sosteñen a plataforma dos músicos na sala dos gardas suízos (actualmente chamada das Cariátides). Goujon só coñecera as cariátides do Erecteion mediante inscricións e nunca vira as orixinais.
Cando a figura empregada como columna é masculina, chámase atlante ou telamón. Ver na wikipedia
Ningún comentario:
Publicar un comentario