Os miliarios atopados no eixo norte sur axúdannos a imaxinar o poboamento destes lugares hai uns 1.800 anos: O de Hadriano en Salcedo (134), o de Maximino e Máximo en Tomeza (ano 238), o de Caracalla (214) en Alba e o de Magencio (350), en Cerponzóns.
Mentres durou o imperio romano, mantívose a infraestrutura de comunicacións uns cantos séculos máis. Despois, aquela vella Turoqua foi esmorecendo, como tamén o comercio, a seguridade, os coñecementos técnolóxicos, etc.
Deixou de ter sentido e a xente optou por vivir nos poboados darredor, onde era máis doado cultivar e subsistir. A cidade desaparece, estímase que durante máis de 6 séculos.
VÍA XIXAo chegaren ao noroeste peninsular, os romanos utilizan vellos camiños preexistentes ou naturais, como a famosa depresión meridiana, que percorre o sur do país tocando os vértices interiores das Rías Baixas.
Desde Bracara Augusta dirixíase ata Lucus Augusta e de ahí a Asturica Augusta. Braga, Lugo e Astorga. As tres capitais do noroeste romano. En total 299 millas, case 500 km.
Segundo parece, a vía chega á actual Pontevedra acompañando o río Tomeza ou dos Gafos, que deixa para continuar polo Gorgullón, Peregrina, Soportais, e chega á ponte por Real, seguindo cara ao norte pola Santiña, Alba e Cerponzóns.
Ata o século XII non volvería a rexurdir o comercio terrestre e marítimo. Con el renace o núcleo urbano no que hoxe vivimos nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario