xoves, 25 de xuño de 2020

Abrótega ou agucios nas Fachas de Castelo

As fachas
son uns longos paus de madeira, normalmente de piñeiro, de ata dez metros de altura, recubertos case na súa totalidade por distintas capas de talos dunha planta chamada abrótega ou agucio (gamón ou vara de San José en castelán). A súa elaboración é moi traballosa, xa que para cada facho empréganse entre cinco e sete mil talos.
A queima das fachas é unha tradición declarada de Interese Turístico de Galicia que se celebra na pequena localidade de Castelo (Taboada-Lugo) desde tempos inmemoriables. Aínda que perdurou no tempo, a súa función resulta hoxe día un pouco dubidosa. Algúns estudiosos explican que esta tradición podería ser unha forma de comunicación entre os antigos poboados castrexos, aínda que podería formar parte tamén de certos rituais máxico-relixiosos. A tarde do ritual levan os fachos ata o castro e dispóñense cravadas en círculo sobre o seu bordo. Pola noite, todo o mundo é chamado á festa con foguetes disparados desde o castro. Co aceso das fachas, o Castro convértese nun extraordinario espectáculo que se divisa desde toda a contorna. Ver máis 

Ningún comentario:

Publicar un comentario